right|miniatura|200px|Espiga da herba acedeira A acedaVV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega, p.23. ou herba acedeira (Rumex acetosa) é unha planta herbácea perenne que pode chegar a 100 cm de altura, aínda que o habitual é que non pase de 60 cm, e que medra en pradeiras en moitas partes de Europa. A súa flor é pequena, de cor verde e vemella; as flores masculinas e femininas están localizadas en plantas separadas. Agroma entre maio e xullo. As súas follas son lanceoladas, cos lóbulos basais apuntando cara a abaixo. Posúen un sabor acedo e chegan aos 10 cm de lonxitude.
Utilizada como condimento ou en ensaladas, ten algunhas aplicacións medicinais.
Hábitat É nativa de Europa, aínda que pode aparecer en calquera tipo de solo, medra naqueles ricos en ferro, en terreos húmidos de bosques e en zonas avesedas achegadas a regueiros. Medra tamén en prados, e lugares herbosos e nas veigas.
Descrición O talo desta planta é erecto, simple e estriado que pode chegar a crecer até un metro de altura, adoita ter unha cor avermellada na base. As raíces son perennes algo leñosas que medran profundamente nos solos húmidos. As follas son lanceoladas, carnosas, comestíbeiss, con sabor agre, as inferiores están suxeitas por un magro pecíolo que se vai reducindo nas máis altas até desaparecer nas superiores. As flores son dioicas e aparecen na parte superior do talo formando grupos de flores de cor verde-avermellada que ao maduraren se tornan de cor púrpura. O cepo é pouco tuberoso do que saen abundantes raíces magras. A planta ten dous sexos: macho e femia. As sementes maduras son brillantes e de cor marrón.
Cultivo É unha planta doada de cultivar, nas hortas acostuma apañarse nos meses da primavera.
Emprego Emprégase en ensaladas; ten un sabor moi peculiar, coma adubo na preparación de diversos pratos. Tamén cocida; en sopa (clásico en varios países europeos). Considérase aperitiva e diurética; na antigüidade atribuíranselle cualidades para purificar o sangue. Polo seu contido en Vitamina C é considerada antiescorbútica. Nas picadas de insectos parece calmar a dor e proído de avespas e abellas fretando a zona afectada cunhas follas esmagadas.
Propiedades A acidez da aceda (de aí o nome) débese ao bioxalato de potasa (5 a 9%) que tamén é responsábel das súas virtudes medicinais. Contén ademais vitamina C (80 mg/100 g], quercitrina, vitexina e derivados antraquinónicos como a emodina e taninos.Dr. Berdonces i Serra. Gran Enciclopedia de las Plantas Medicinales ISBN 84 305 8496 X
Variedades Rumex acetosa subsp. acetosa L. Rumex acetosa subsp. alpestris (Jacq.) A.Löve Rumex acetosa subsp. ambiguus (Gren.) A.Love Rumex acetosa subsp. arifolius (All.) Blytt & O.Dahl Rumex acetosa subsp. lapponicus Hiitonen Rumex acetosa subsp. pseudoxyria Tolm. Rumex acetosa subsp. thyrsiflorus (Fingerh.) HayekVariedades en Catalogue of life
Sinonimia Acetosa pratensis Mill. Lapathum acetosa (L.) Scop. Lapathum pratense Lam. Rumex acetosa subsp. biformis (Lange) Castrov. & Valdés Berm. Rumex acetosa subsp. planellae (Pau & Merino) Muñoz Garm. & Pedrol Rumex acetosa var. pratensis (Mill.) Wallr. Rumex biformis Lange Rumex ceretanicus Sennen Rumex hastifolius Sennen Rumex intermedius var. incanus Merino Rumex intermedius var. pilosus Merino Rumex intermedius var. platyphyllos Sennen & Pau Rumex planellae Pau & Merino in Merino Rumex platyphyllos (Sennen & Pau) Sennen Rumex pratensis Dulac Rumex rechingeri Sennen Rumex salae SennenSinónimos en Real Jardín Botánico
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Rumex Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Galicia Categoría:Hortalizas Categoría:Taxons descritos por Linné