Timoshenko, Semión Konstantínovich, nado en Furmanka, Ucraína, en 1895 e finado en Moscova en 1970, foi un militar soviético.

Traxectoria Participou na primeira guerra mundial e na guerra civil rusa que seguiu á revolución bolxevique de 1917. Durante os seguintes vinte anos, tivo ás súas ordes varias divisións militares e, progresivamente, foi escalando posicións no exército soviético. En xaneiro de 1940, pouco despois de iniciarse a guerra entre a Unión Soviética e Finlandia, foi nomeado comandante das tropas soviéticas que participaron no dito conflito. Tras esta guerra ascendeu a mariscal do Exército Vermello e, en maio daquel mesmo ano, comisario de Defensa. Tralo estalido da segunda guerra mundial, foi un dos militares soviéticos máis destacados e desenvolveu un papel preeminente na planificación do sistema de defensa ante a invasión do exército alemán.

Véxase tamén

Outros artigos Segunda guerra mundial

Ligazóns externas Biografías e vidas

Categoría:Militares da Unión Soviética Categoría:Nados na rexión de Odesa Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1970