miniatura|Folla. miniatura|Espiga floral en pre-antese. miniatura|Espiga floral en flor. miniatura|Acanthus mollis

O acanto (Acanthus mollis) é unha planta herbácea perenne orixinaria das estepas africanas, dende antigüidade utilizouse en xardíns da área mediterránea.

O acanto destaca pola súa beleza ornamental e pola súa altura (ata 150 cm) con follas longas, espiñentas e rizadas e flores abrancazadas, rosáceas ou lilasGeorge Schenk The Complete Shade Gardener. Timber Press, 2002, páxina 200. Agroma sobre todo en xuño. Tamén recibe en galego o nome de ás de anxo<ref>E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): ''Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia</ref>.

Hábitat A especie medra na rexión mediterránea, dende Portugal e o noroeste de África até o leste de Croacia; foi adaptada dende a antigüidade no cultivo de xardíns, polo que foi naturalizada e/ou cultivada practicamente no mundo enteiro

É frecuente nas costas da Península Ibérica, moito máis escasa no interior.

Vexeta en noiros, rochas e lugares frescos e húmidos.

Usos Fundamentalmente en xardinaxe, as súas grandes follas basais, brillantes, lobuladas dan un aspecto señorial xunto á súa longa espiga floral. En Galiza en maio. Adóitase usar a variedade latifolius por ser un chisco máis resistente e rexa.

Tamén é usada como motivo escultórico en chapiteis de columnas, como por exemplo na orde corintia.

Menciña popular A presenza na raíz e follas de abundante mucilaxe, permite a súa utilización como amolecedor, mucilaxinosa ou vulneraria. Tense usado para fabricar enemas contra a disentería, hemorroides ou inflamacións das vías baixas.

Algúns xéneros achegados a Acanthus, como Jacobinia, utilízanse como psicótropos.

Emprégase como adstrinxente, antidiarréico, colerético, expectorante. En uso externo: demulcente, vulnerario (cicatrizante). As follas usáronse coma estimulante do apetito e laxante por vía interna, externamente en cataplasmas como antiinflamatorio. O zume da planta recomendouse coma tratamento sintomático do herpes, queimaduras e contusións en xeral por un certo efecto analxésico. Indicado para diarreas, disquinesias hepatobiliares, colecistite, colelitiase. Bronquite, gripe, arrefriados. En uso externo: eccemas, feridas, estomatite, farinxite, rectocolite, vulvovaxinite, distrofias da mucosa vulvovaxinal.

Taxonomía Basónimo Describiuse e publicouse por vez primeira en Species Plantarum, volume 2, p. 639 en 1753 por Carl von Linné (1707 - 1778). É a especie tipo do xénero

Etimoloxía Acanthus: do latín acanthus que provén do grego ἄκανθα, -ης, "planta espiñenta", probabelmente por composición entre acer, -cris de aceo, acies, "punzante" e anthos, "flor", do grego άκτς e άνθός. Virxilio emprega o vocábulo nas Xeórxicas (4, 123) e Plinio o Vello describe dúas especies na súa historia naturalis (22, XXXIV, 76): o Acanthus spinosus L. e o Acanthus mollis L.; esta última denomínase tamén paederos e mélamphyllos, e a súa raíz é excelente para as queimaduras e as luxacións ("quod aliqui paederota vocant, alii melamphyllum. huius radices ustis luxatisque mire prosunt").F. Gaffiot, Dictionnaire Latin-Français - Hachette, Paris, 1934Pline l'Ancien - Histoire Naturelle,T. II, Liber XXII, Traduction française de Émile LittréB. Thayer, Pliny the Elder: the Natural History - Liber XXII mollis, -e: epíteto latino que significa "flexíbel, brando, tenro,...". Sinónimos Acanthus mollis subsp. platyphyllus Murb. Acanthus mollis var. nigra (Mill.) Willd. Acanthus mollis var. viciosoi Pau Acanthus latifolius hort., Acanthus lusitanicus hort., Acanthus nigra Mill. Acanthus hispanicus Loudon Acanthus longifolius Poir. Acanthus niger Mill. Acanthus platyphyllus Murb. Acanthus spinosissimus Host en PlantList Citoloxía O número de cromosomas é 2n=56'''.

Notas

Categoría:Acanthus Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas invasoras Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Flora de Galicia