O Partido Galeguista de Pontevedra foi un partido galego constituído o 1 de xuño de 1931 na cidade de Pontevedra.

Historia e características miniatura|Circular de 1931 do Partido Galeguista de Pontevedra en favor do Estatuto de Galiza, asinada por Basanta (presidente) e Bóveda (secretario xeral). Asistiron á súa xuntanza fundacional Castelao, Antonio Iglesias Vilarelle, Alexandre Bóveda, Pedro Basanta, Enrique Iglesias Rodríguez, Xaime Alfonsín Castrelos, Xavier e Francisco Gastañaduy Ozores, Eduardo Alexandro Ferrín, Jacobo Barral Otero, Xosé C. González, Sergio Sánchez Puga, Carlos García Cabezas, Luís Pintos Fonseca, Xosé Lino Sánchez, Xosé María Álvarez Gallego, Xosé Martínez Tíscar e Xoán Vidal Martínez.

A súa denominación primeira foi Grupo Nacionalista Galego de Pontevedra e formaban o seu Consello Executivo:

Alfonso R. Castelao: Presidente Antón Iglesias Vilarelle Vicepresidente Xoán Vidal Martínez: Secretario Serxio Sánchez Puga: Depositario Lois Pintos Fonseca: Bibliotecario Sebastián González García-Paz e Carlos García Cabezas: Conselleiros

Para as eleccións constituíntes do 28 de xuño apoiou a denominada Candidatura Galeguista conseguindo Castelao acta de deputado.Justo G. Beramendi, Xosé Manoel Núñez Seixas, O nacionalismo galego, Vigo, 1996, 2º ed., páx 146.

Ao ano seguinte, decídese trocar o nome de Nacionalista Galego polo de Galeguista, e así se integraron máis tarde no Partido Galeguista.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

(1991). "El partido galleguista y poco más". Los Nacionalismos en la España de la II República p. 167. Siglo XXI de España Editores. ISBN 84-323-0710-6 . (2005). "El galleguismo político (1840-1936)". Historia contemporánea de Galicia p. 508. Ariel. ISBN 84-344-6790-9 .

Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Galicia Categoría:Nacionalismo galego Categoría:Historia de Pontevedra Categoría:1931 en Galicia