A , que segundo as crónicas chinesas durou dende o século XXI a. C. ao século XVI a. C., é considerada como a primeira dinastía na historia chinesa. As memorias históricas de Sima Qian recollen os nomes dos 17 reis desta dinastía. Foi seguida pola dinastía Shang e, segundo o relato de Sima Qian, precedida polo período lendario dos tres augustos e cinco emperadores.

O carácter 夏 desta dinastía forma parte do nome da rexión chinesa actual de Ningxia, e aparece tamén no nome poético da China Huáxià (華夏).

Verosimilitude Con anterioridade ás escavacións feitas en 1928 en asentamentos da Idade de Bronce en Anyang, provincia de Henan, non había indicios arqueolóxicos da existencia dos Xia. Daquela, numerosas escavacións confirman a existencia dunha cultura do bronce que pode identificarse cos Xia. En 1959, escaváronse as ruínas de Erlitou, na cidade de Yanshi (Henan), nas que se atoparon dous grandes pazos e que se cre que puido ser a capital da dinastía. Segundo a datación co carbono-14 poden pertencer ao ano 2100 ou 1800 a. C.

miniatura|Extensión territorial da dinastía Xia. Independentemente da verosimilitude das historias lendarias sobre os reis Xia que aparecen escritas en crónicas moi posteriores, coma a de Sima Qian, pódese considerar á civilización Xia coma un período evolutivo de transición entre as culturas neolíticas, coma a de Longshan, e a sociedade urbana dos Shang. Na interpretación marxista da historia que fora habitual na República Popular Chinesa, a sociedade Xia está considerada unha sociedade escravista.

O territorio controlado polos Xia abarcaría aproximadamente a actual provincia de Henan e parte do oeste de Shandong e do sur de Hebei.

Historia Segundo as crónicas chinesas, antes da dinastía Xia establecérase unha especie de alternancia no poder entre as varias tribos que ocupaban a zona. Á morte de Yu o Grande, primeiro emperador da dinastía, debía sucedelo no poder a tribo Yi, mais foi o seu fillo Qi o que se fixo co poder. As demais tribos declararon a guerra aos Xia que, tras vencelas, instaurou a dinastía. Non obstante, os demais pobos non admitirían este control dos Xia, polo que as guerras serían constantes. O derradeiro rei Xia, Jie (桀, Jié), foi un tirano, cuxo reinado cruel acabou coa derrota militar ante os Shang, pobo procedente do leste, cuxo líder, Tang (湯, Tāng), fundou a nova dinastía.

Reis da dinastía Xia Segundo As memorias históricas de Sima Qian, os dezasete soberanos da dinastía Xia foron os siguintes:

Orde de reinado Anos de reinado Nome en chinés Pinyin Notas 1 45 禹 Yǔ Tamén chamado Yu o Grande (大禹, Dà Yǔ) 2 10 啟 Qǐ 3 29 太康 Tai Kang   4 13 仲康 Zhòng Kāng   5 28 相 Xiāng   6 21 少康 Shǎo Kāng   7 17 杼 Zhù 8 26 槐 Huái   9 18 芒 Máng   10 16 泄 Xiè   11 59 不降 Bù Jiàng   12 21 扃 Jiōng   13 21 廑 Jǐn   14 31 孔甲 Kǒng Jiǎ 15 11 皋 Gāo   16 11 發 Fā 17 52 桀 Jié Tamén chamado Lu Gui (履癸, Lǚ Guǐ) O nome do reinado é ás veces precedido polo da dinastía. Por exemplo: Xia Yu (夏禹).

Véxase tamén Outros artigos Historia da China.

Ligazóns externas Breve cronoloxía histórica da China Outro cadro cronolóxico da historia da China

Categoría:Historia da China