miniatura|dereita|Detalle da Inscrición de Behistún.

A asirioloxía é o estudo arqueolóxico, histórico e lingüístico da antiga Mesopotamia Jim Grant, Sam Gorin, Neil Fleming The Archaeology Coursebook: An Introduction to Study Skills, Topics and Methods, Londres, 2001, páx. 57 Historia

Aínda que houbo viaxeiros que se interesaron polo pasado remoto das terras mesopotámicas percorrendo o que quedaba das súas ruínas, non foi ata o século XVIII cando o interese se fai máis sistemático, organízanse expedicións desde Europa cara a eses lugares como as de Carsten Niebuhr, que copia inscricións en Persépole, ou de André Michaux quen levou a Europa a primeiro documento epigráfico cuneiforme, concretamente un kudduru (pedra gravada).Pierre Pinta, L'Irak, París, 2002, páx. 239 Todo o cal fixo aumentar a curiosidade por aquela civilización perdida entre a clase intelectual europea. Un destes eruditos, Georg Friedrich Grotefend conseguiu en 1802Stephen Bertman Handbook To Life In Ancient Mesopotamia, Oxford, 2005, páx. 139 identificar, nas copias que realizara Niebuhr das inscricións cuneiformes de Persépolis, o título de rei e os nomes de Darío, Xerxes e Histaspes Josef Wiesehöfer, Azizeh Azodi Ancient Persia: From 550 BC to 650 AD, Londres, 2001, páx 236-238 por medio da súa comparación co avéstico xa que pensaba que estaban escritas nesa lingua. Nos anos seguintes conseguiu identificar algunha palabra máis e recoñecer 300 signos diferentes.

Pero os alicerces da asirioloxía púxoos Henry Rawlinson, un oficial enviado a Persia para organizar o exército do xa, interesouse polas vellas inscricións e en particular pola Inscrición de Behistún, trilingüe, en escrita cuneiforme, en persa antigo, elamita e babilónico e en 1837 descifrou a metade do texto en persa antigo completando o seu desciframento en 1839Barbara Ann Kipfer Encyclopedic Dictionary of Archaeology, Nova York 2000, páx 698 o que abriu a porta a que se descifrasen outras linguas de escrita cuneiforme, así o propio Rawlinson comparando os textos babilonio e persa antigo conseguiu ler 80 nomes babilonios, o que equivalían a 100 signos, descubrindo que cada un destes signos podía ter varios valores silábicos.

Ao tempo destes descubrimentos epigráficos comezan a se desenvolver as escavacións, as primeiras realizounas Paul-Émile BottaErich Zehren, The Crescent and the Bull: A Survey of Archaeology in the Near East, Whitefish, 2006, páx. 25 en Nínive en 1843 e tiñan como único obxecto a procura de obxectos para exhibilos nos museos europeos e que levou mesmo á destrución de sectores enteiros de moitos xacementos. Con todo, estas escavacións puxeron ao alcance dos investigadores unha gran cantidade de material que fixo avanzar os coñecementos sobre a rexión e a súa cultura. Julius Oppert deduciu que a escrita cuneiforme tivera que ser inventada por un pobo non semitaSamuel Noah Kramer, Sumerian Mythology, University of Pennsylvania, 1998, páx 5 xa que o seu carácter silábico a facía estraña para unha lingua semita. A súa teoría non a compartiron a maioría dos investigadores pero o descubrimento por Ernest de Sarzec en 1877 dos primeiros documentos sumerios veulle dar a razón.

A comezos do século XX as escavacións en Mesopotamia comezan a se realizar segundo o método arqueolóxico, foi fundamental para o paso das escavacións de afeccionados a outra profesional a chegada dos alemáns: Robert Koldewey nas súas escavacións en Babilonia revolucionou a arqueoloxía mesopotámicaJane McIntosh Ancient Mesopotamia: New Perspectives, Santa Bárbara, 2005, páx 33, desenvolvendo técnicas para recoñecer e escavar restos arquitectónicos e Walter Andrae continuou o seu labor, desenvolvendo o estudo da estratigrafía.

Asiriólogos

Robert D. Biggs. Jeremy Black. Rykle Borger. Miguel Civil. Jerrold Cooper. Stephanie Dalley. Nineb Lamassu. Friedrich Delitzsch. Jean-Marie Durand. D. Otto Edzard. Ignace Gelb. Andrew George. Rivkah Harris. Paul Haupt.

Hermann Hilprecht. Edward Hincks. Thorkild Jacobsen. Christopher Johnston. Samuel Noah Kramer. Benno Landsberger. Austen Henry Layard. Julius Lewy. Piotr Michalowski. Alan Millard. William L. Moran. A. Leo Oppenheim. Jules Oppert. Simo Parpola.

Arno Poebel. Hormuzd Rassam. Erica Reiner. Francesca Rochberg. Henry Rawlinson. George Smith. Piotr Steinkeller. Matthew Stolper. Hayim Tadmor. François Thureau-Dangin. Klaas Veenhof. Wolfram von Soden. David Weisberg. Franz Weissbach.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Garelli, Paul (1990). L'Assyriologie, PUF, col. «Qua sais-je?». Bottéro, Jean e Stève, M.-J. (1993). Il était une fois la Mésopotamie, Gallimard, col. «Découvertes Gallimard» (n° 191). Van de Mieroop, M. (1999). Cuneiform Texts and the Writing of History, Routledge Matthews, R. (2003). The archaeology of Mesopotamia : Theories and approaches, Routledge. Dalley, Stephanie e Cox, Marion (1998). The Legacy of Mesopotamia, Oxford University Press.

Ligazóns externas Cuneiform Digital Library Initiative The Neo-Assyrian Text Corpus Projec Departamento de Estudos do Próximo Oriente da Unviersidade Johns Hopkins Laboratorio di Assiriologia da Universidade de Pisa

Categoría:Mesopotamia Categoría:Estudos de área