Félix Manuel de Azara y Perea, nado en Barbuñales (daquela no Reino de Aragón) o 18 de maio de 1742 e finado na mesma vila o 20 de outubro de 1821Dictionary of Scientific Biography, vol. 1. New York, Charles Scribner's Sons, 1970, páxs. 351-352, iSBN 0684101149}}, foi un militar, naturalista e enxeñeiro español.
Traxectoria Ingresou na carreira militar no corpo de artilleiros, primeiro, e logo no de enxeñeiros. Distinguiuse en varias expedicións, e alcanzou o grao de xeneral de brigada.
Foi enviado a América do Sur en 1781, nunha expedición encargada de resolver o conflito dos límites entre as colonias de España e Portugal. Permaneceu alí até 1801. Antes de deixar Suramérica, enviou ó seu irmán, José Nicolás de Azara (entón embaixador de España en París), anotacións e observacións sobre zooloxía, que Moreau de Saint-Méry publicou en París en 1801, co título de Essais sur l´histoire naturelle des Quadrupèdes, traducido ao castelán en 1802 como Apuntamientos para la Historia natural de los quadrúpedos del Paraguay y Río de la Plata. Á volta de América redactou Voyages dans l’Amérique méridionale, par don Félix de Azara, publicado en 1809.
En 1805, retirouse para a súa localidade natal, dende onde escribiu numerosos informes, e onde faleceu en 1821.
Homenaxes Durante a súa viaxe por Suramérica describiu máis de 200 novas especies animais. Certo número de animais levan na súa honra o seu apelido: Aotus azarae (mico nocturno de Azara), Dasyprocta azarae (agutía de Azara), Akodon azarae (rato das herbas de Azara) ou o Synallaxis azarae. Unha crista da Lúa, Dorsum Azara, débelle tamén o seu nome.
Adiantou a posibilidade da evolución das especies que máis tarde desenvolvería Charles Darwin. Este tiña en grande estima a obra de Azara (a pesar de que el non fose un naturalista profesional) e en varias das súas obras citouno como autoridade.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía en Educa.aragob.es
Categoría:Biólogos de España Categoría:Personalidades de Aragón Categoría:Nados en 1742 Categoría:Finados en 1821