200px|miniatura|A constelación de Custom Messium. Custos Messium, que en latín significa "o gardián da colleita", é unha antiga constelación ideada polo astrónomo francés Joseph Lalande no 1775.

Características Está composta por un grupo de estrelas febles situadas entre as actuais constelacións de Camelopardalis, Cassiopeia e Cepheus, representa a un granxeiro que colleita trigo. Esta área do firmamento fóra antigamente coñecida coma "O Campo de Trigo". Aínda que a constelación apareceu en varios atlas estelares, pronto caeu no esquecemento e hoxe en día non é recoñecida coma tal.

O nome Messium fai referencia a Charles Messier, o famoso cazador de cometas, e, de feito, era a miúdo coñecida coma Messier, particularmente en Francia. Joseph Lalande escolleu esta zona anteriormente anónima do ceo porque foi aquí onde foi visto o cometa de 1774. O cometa fóra amplamente observado por Messier, pero, ironicamente, non foi descuberto por el (o descubridor foi outro francés, Jacques Montaigne).

Notas Custos Messium. Obsolete constellations (Shane Horvatin) Custos Messium. Star Tales (Ian Ridpath)

Categoría:Constelacións