Guieiro foi unha publicación periódica, subtitulada Outavoz patriótico da FMG, era o voceiro da Federación de Mocedades Galeguistas do Partido Galeguista. O primeiro número apareceu o 1 de novembro de 1935 e tiña ao primeiro periodicidade quincenal para pasar despois a aparecer mensualmente ata que o comezo da Guerra Civil española fixo que desaparecera. Descrición Constaba de catro páxinas e editábase na cidade de Ourense. En 1936 o seu director foi José de Castro Arines. Entre os seus colaboradores estiveron os principais dirixentes da FMG: Celso Emilio Ferreiro, Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla Couto, Aquilino Iglesia Alvariño, Manuel Vázquez Martín, Cesáreo Múñiz e Antonio Moure.
Véxase tamén Bibliografía
Rojo, Arximiro (1987). As Mocedades Galeguistas, Vigo, páx. 125-126.
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense Ligazóns externas Valcárcel, Marcos (7/9/2008). "‘Guieiro’, voz moza e rebelde" El Correo Gallego.
Categoría:Prensa escrita en lingua galega Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:Prensa do Partido Galeguista Categoría:1935 en Galicia Categoría:Prensa nacionalista galega