O Distrito de Aveiro é un distrito portugués que pertence á provincia tradicional da Beira Litoral, agás os concellos máis ao norte, que pertencerían ao Douro Litoral. Limita ao norte co Distrito do Porto, ao leste co Distrito de Viseu, ao sur co Distrito de Coímbra e ao oeste co océano Atlántico. Comprende unha área de 2808 km² (sendo así o 14º maior distrito portugués) e conta cunha poboación residente de 752.867 habitantes (2006). A capital do distrito é a cidade de Aveiro.
Subdivisións
O distrito de Aveiro subdivídese nos seguintes 19 municipios:
Águeda Albergaria-a-Velha Anadia Arouca Aveiro Castelo de Paiva Espinho Estarreja Ílhavo Mealhada Murtosa Oliveira de Azeméis Oliveira do Bairro Ovar Santa Maria da Feira São João da Madeira Sever do Vouga Vagos Vale de Cambra
Na actual división de Portugal en NUTS II, o distrito atópase dividido entre a Rexión Norte e a Rexión Centro. Pertencen á Rexión Norte os concellos da subrexión de Entre Douro e Vouga, Castelo de Paiva, parte da subrexión do Tâmega e Espinho, pertencente ao Grande Porto. Á Rexión Centro pertencen os restantes concellos, incluídos na subrexión do Baixo Vouga. En resumo:
Rexión Norte: Entre Douro e Vouga Arouca Oliveira de Azeméis Santa Maria da Feira São João da Madeira Vale de Cambra Grande Porto Espinho Tâmega Castelo de Paiva e na Rexión Centro: Baixo Vouga Águeda Albergaria-a-Velha Anadia Aveiro Estarreja Ílhavo Mealhada Murtosa Oliveira do Bairro Ovar Sever do Vouga Vagos
Xeografía física
O distrito de Aveiro localízase, na súa maior parte, por debaixo dos 100 m de altitude, ocupando unha chaira costeira que chega a ter cerca de 40 km de longo na parte sur do distrito. A paisaxe desta chaira é dominada pola Ria de Aveiro, e polos ríos da conca hidrográfica do Vouga (Cértima, Alfusqueiro, Águeda, Antuã e o propio Vouga na chaira litoral, e Agadão, Caima e Mau xa nos contrafortes da serra).
Cara ao leste e o norte, o relevo tórnase máis accidentado, chegando a estenderse ata a serra do Montemuro, ao nordeste. Na súa fronteira norte, o distrito contacta brevemente co río Douro e con algúns dos seus afluentes (Arda e Paiva).
O litoral é areoso, cunha paisaxe típica de zona lagunar e un cordón dunar de espesura variable que separa as augas calmas da ria de Aveiro do mar.
Principais serras do Distrito de Aveiro: Serra do Buçaco - 549 m de altitude Serra do Arestal - 830 m de altitude Serra da Arada - 1071 m de altitude Serra do Caramulo - 1071 m de altitude Serra da Freita - 1085 m de altitude
Patrimonio Reserva Natural das Dunas de S. Jacinto Parque Natural da Serra do Buçaco
Véxase tamén Ligazóns externas Goberno Civil de Aveiro Fotografías do Distrito de Aveiro Páxina con fotos da capital de distrito Serra do Buçaco