miniatura|Reichstag 1995 O Reichstag (en alemán , abreviado Reichstag) é un edificio localizado no barrio Tiergarten, no arrabalde de Mitte en Berlín, capital de Alemaña. Foi a sede do Reichstag en tempos do II Imperio Alemán (1871-1918) e máis tarde do parlamento da República de Weimar (1919-1933). Dende 1994 reúnese alí cada cinco anos a Convención Federal (Bundesversammlung) para elixir o presidente de Alemaña (Bundespräsident) e desde 1999 é o lugar de reunión do parlamento alemán (Bundestag). A súa denominación oficial é Plenarbereich Reichstagsgebäude, que significa "recinto de plenos do edificio do Reichstag".http://www.bundestag.de/geschichte/parlhist/schauplaetze/reise12.html Páxina oficial
O edificio rematou de construírse en 1894. En 1933 foi vítima dun incendio provocado cuxa autoría non chegou a esclarecerse completamente. Ao final da segunda guerra mundial, durante a Batalla de Berlín, foi escenario de cruentos combates e resultou seriamente danado. Na década de 1960 realizáronse as reformas máis urxentes. O aspecto que ten na actualidade adquiriuno durante unhas obras nos anos 90 responsabilidade do arquitecto británico Sir Norman Foster.
Tamén se coñece co nome de Reichstag a un Parlamento imperial elixido por sufraxio universal pero con escasas atribucións creado durante a Unificación alemá. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Historia do edificio. Páxina do ''Bundestag Historia e anécdotas do Reichstag na súa páxina oficial
Categoría:Política de Alemaña Categoría:Parlamentos Categoría:Arquitectura en Berlín Categoría:Edificacións de institucións políticas