A foxa das Marianas ou fosa das Marianas é a máis profunda foxa mariña coñecida, e é o lugar máis profundo da codia terrestre. Localízase no fondo do Pacífico norte-occidental, ao leste e sur das Illas Marianas, preto de Guam.
Exploración A foxa foi visitada por primeira vez en 1951 pola fragata da Mariña Real Británica o Challenger, que dá o nome á parte máis profunda da foxa, o Abismo de Challenger. Usando ecolocalización, mediuse unha profundidade de 10.902 m nos .
En 1957, a nave soviética Vityaz reportou unha profundidade de 10934 metros. En 1962, o M.V. Spencer F. Baird rexistrou unha profundidade de 10.902 metros.
miniatura|O batiscafo Trieste antes da inmersión, 23 de xaneiro de 1960.
Pero non foi senón ata o 23 de xaneiro de 1960, que se descendeu por primeira e única vez, usando un batiscafo chamado Trieste invención de Auguste Piccard, o cal era capitaneado por Jacques Piccard, fillo do primeiro, para dese xeito superar os efectos da gran presión que existe a devanditas profundidades. Os sistemas de a bordo indicaban unha profundidade de 11.521 m, que despois foi revisada e resultou ser de 10.902 metros"Un robot alcanza el punto más profundo del océano" El Mundo ..
Na foxa atopáronse unha lura xigante e varias especies descoñecidas entón.
A presión no fondo da foxa é de 1.086 bares.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Océano Pacífico
Categoría:Accidentes xeográficos Categoría:Océano Pacífico