O Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto S.A.D., denominado Monbus Obradoiro por razóns de patrocinio, é unha entidade deportiva profesional adicada ó baloncesto, con sede na capital galega de Compostela. O club foi fundado en 1970, e na actualidade compite na máxima categoría do baloncesto español, a Liga ACB.

Historia Inicios Até 1970 o baloncesto da cidade de Compostela estivo representado nas competicións oficiais por un equipo do SEU e por unha sección da SD Compostela. Nese ano naceu o Obradoiro CAB, fundado por un grupo de 29 afeccionados dispostos a darlle un pulo renovado ó deporte da canastra na cidade. Na tempada 1970-71 o Obradoiro partiu da Terceira División, ocupando a praza da sección de baloncesto da SD Compostela. Naqueles tempos o equipo xogaba no antigo ximnasio universitario, onde na actualidade está o Auditorio da USC.

Despois de ascender dende a Terceira División á Segunda División no seu terceiro ano de existencia, o Obradoiro CAB acadou a máxima división do baloncesto español ao remate da tempada 1981-82, cando ascendeu tras derrotar o CB Mataró. Formaban parte dese equipo Mario Iglesias, Eduardo Echarri, Jan Lomas, Balagué, Arturo Corts, Javi Vallejo, Montero, José Cobelo, Manolo Vidal, Alberto Abalde, Gil, Popocho Modrego, Julio Bernárdez e Pepe Casal, e Antonio Castro era o presidente da entidade.Aquella temporada en la elite , artigo de El Correo Gallego.

Nesa primeira tempada en primeira división o Obradoiro gañou unicamente dous encontros, e rematou na 14ª e última posición. 220px|miniatura|esquerda|Pavillón de Santa Isabel, fogar do Obradoiro entre 1990 e 2009. En 1990 tenta de novo ascender a primeira, e ten que xogar a eliminatoria contra o Júver Murcia. No primeiro partido xoga polos murcianos Esteban Pérez, con nacionalidade arxentina, o que daquela supuña un aliñamento indebido.21 años después... el Obra vuelve al play-off a la ACB O Obradoiro reclama o aliñamento e nos seguintes dous partidos da eliminatoria o Júver non inclúe a Pérez. Os tres partidos rematarían coa derrota do Obradoiro, pero este club reclama, primeiro á xustiza deportiva e logo pola vía ordinaria. Mentres se resolve o proceso, o Obradoiro descende varias categorías e móvese durante a década dos noventa e o comezo do século XXI polas categorías inferiores estatais e polas categorías galegas.

Nese tempo naceu e medrou outro club de baloncesto na capital galega, o CB Rosalía, que se converteu no equipo de baloncesto de referencia na cidade durante máis dunha década, chegando mesmo a loitar polo ascenso á Liga ACB na tempada 2007-08.

Fin do conflito e volta á ACB En 2003 o preito resólvese, e a Xustiza obriga a ACB a readmitir o equipo na primeira división estatal: pero os recursos económicos da entidade non poden facerlle fronte aos avais de 2003, e acoden de novo á xustiza para conseguir unhas condicións de acceso como en 1990. O Tribunal Supremo volve darlles a razón polo que lles concede unha praza na ACB nas condicións daquela tempada, e coa posibilidade de facela efectiva ao longo de tres anos.

Comezou a tempada 2009-10 xogando na casa contra o Barcelona, cunha derrota coma resultado. Tras catro derrotas nos catro primeiros partidos, a primeira vitoria chegou na 5ª xornada contra o Baloncesto Fuenlabrada por 86-66 no Multiúsos Fontes do Sar. Malia unha gran primeira volta na que rematou na undécima posición con 7 vitorias e 10 derrotas, rematou por descender á Liga LEB tras conseguir tan só unha vitoria na segunda volta e finalizar na penúltima posición con tan só 8 vitorias. Como feitos destacables cabe salientar a vitoria no Sar na 12ª xornada ante o Real Madrid por 78-68.

Á tempada seguinte na LEB Ouro, o Obradoiro fixo un equipo de garantías para volver o antes posible á ACB. Xogadores coma Alberto Corbacho, Levon Kendall ou Oriol Junyent chegaron a Santiago para devolver ó Obradoiro á máxima categoría. Todos eles baixo o mando no novo adestrador, o galego Moncho Fernández. O equipo comezou con 13 vitorias nos 13 primeiros partidos e rematou a primeira volta no máis alto da táboa, clasificándose dese modo para a Copa Príncipe. Tras un partido moi igualado, o Obradoiro conseguiu finalmente o trofeo tras derrotar ó CB Murcia por 81-78.El Blu:Sens Monbús Obradoiro alza su primera Copa Príncipe (81-78) Ademais, Alberto Corbacho foi elixido mellor xogador da Copa Príncipe.

Tras unha segunda volta máis irregular, na que perdeu catro partidos, foi o Murcia quen ascendeu directamente á Liga ACB, e o Obradoiro tivo que disputar os playoffs tras rematar na segunda posición. Ó remate da tempada regular, Oriol Junyent foi incluído no mellor quinteto da tempada da LEB Ouro. Na primeira rolda dos playoffs de ascenso á ACB, o Obradoiro derrotou ó Cáceres Creativa por 3-1. Na segunda rolda agardaba o Leite Río Breogán de Lugo. O derbi galego rematou coa vitoria do Obradoiro por un contundente 3-0. O Ford Burgos, que rematou por detrás do conxunto santiagués na tempada regular, foi o rival na última rolda para o ascenso á ACB. O Obradoiro conseguiu gañar os dous primeiros partidos no Sar para poñer o ascenso a unha soa vitoria. En Burgos, a serie poñíase 2-1 tras unha axustada vitoria do Ford Burgos. No cuarto partido, tras un gran primeiro cuarto do Obradoiro no que tan só encaixou 5 puntos, os santiagueses conseguían o retorno á Liga ACB só unha tempada máis tarde.Ford Burgos 64-75 Blu:sens Monbús

Estabilidade e primeiros playoffs ACB 150px|miniatura|dereita|O checo Pavel Pumprla nos playoffs da ACB de 2013 contra o Real Madrid. Para a tempada 2011-12, o Obradoiro mantivo a base do equipo que lograra o ascenso o ano anterior e fixo poucas incorporacións, na que destacou a do gabonés Stephane Lasme. Tras unha complicada primeira volta na que tan só conseguiron 4 vitorias e o descenso ameazaba de novo, o Obradoiro fíxose forte no Sar na segunda parte da competición, conseguindo 6 vitorias en 8 partidos na casa e rematando a liga na 13ª posición. A gran tempada de Lasme propiciou o interese de varios equipos europeos e da NBA pola súa incorporación, e finalmente fichou polo Panathinaikos grego ó rematar a tempada.

O Obradoiro, con grandes incorporacións coma Pavel Pumprla, Salah Mejri ou Robbie Hummel, clasificouse por primeira vez na súa historia para os Playoffs da Liga ACB na tempada 2012-13, tras rematar na oitava posición con 18 vitorias en 34 partidos. Na primeira rolda enfrontouse ó Real Madrid por 2-0, equipo que remataría proclamándose campión de liga ó remate dos Playoffs. Nesa tempada salientou o tunesino Salah Mejri, que foi escollido coma xogador revelación da liga tras acadar 9.2 puntos, 5.2 rebotes por encontro, ademais de ser o máximo taponador da liga con 1.6 tapóns por partido. Na votación rematou con 65 puntos, cinco máis que o seu compañeiro Alberto Corbacho e Lucas Nogueira, do Estudiantes.

A difícil tarefa de repetir presenza nos playoffs non foi posible na seguinte tempada. As marchas de Salah Mejri ó Real Madrid, de Levon Kendall ó Herbalife Gran Canaria e de Robbie Hummel ós Minnesota Timberwolves da NBA foron moi importantes para un Obradoiro que se reforzou co croata Mario Delaš ou o pivote estadounidense Mike Muscala, quen deixou o equipo á metade da tempada para fichar polos Atlanta Hawks da NBA. Malia todo, o Obradoiro conseguiu rematar na 12ª posición con 13 vitorias e 21 derrotas.

Na tempada 2014-15, o Obradoiro comezou cun equipo practicamente novo. Tan só Alberto Corbacho, Pavel Pumprla e Rafa Luz repetiron no cadro de xogadores do equipo santiagués. Esta tempada deixou un partido para a historia; o 14 de marzo de 2015, o Obradoiro conseguiu o maior triunfo da súa historia e o oitavo da historia da ACB tras derrotar ó UCAM Murcia por 104-52. O alemán Maxi Kleber e o polaco Adam Waczyński, acabados de chegar a Santiago, axudaron co seu gran rendemento a que o Obradoiro rematara de novo na 12ª posición conseguindo 15 vitorias, o número máis alto dende a clasificación do equipo para os playoffs.

Palmarés Copa Galicia 1986. Subcampión, fronte ó CB Breogán (70-67) en Ourense. 2009. Subcampión, fronte ó CB Breogán (63-57) no Porriño. 2010. Campión, fronte ó COB Ourense (72-61) en Lalín. 2011. Campión, fronte ó COB Ourense (72-70) en Noia. 2012. Campión, fronte ó COB Ourense (86-67) en Ourense. 2013. Campión, fronte ó CB Breogán (67-60) en Santiago de Compostela. 2014. Campión, fronte ó CB Breogán (74-59) en Lugo. 2015. Campión, fronte ó Básquet Coruña (79-69) en Ourense. 2016. Campión, fronte ó Básquet Coruña (85-77) en Noia. 2017. Campión, fronte ó CB Breogán (75-71) en Marín. 2018. Subcampión, fronte ó CB Breogán (75-74) en Marín. 2019. Campión, fronte ó COB Ourense (89-65) en Marín. 2023. Campión, fronte ó CB Breogán (69-68) en Lugo.

Copa Príncipe de Asturias 2010-2011. Campión, fronte ó CB Murcia (81-78) en Santiago de Compostela.

Copa do Rei 1982-1983. Oitavofinalista, fronte ó OAR Ferrol (74-91) e (94-84). 2016. Cuartofinalista, fronte ó Laboral Kutxa Baskonia (77-79)

Supercopa de España 2018. Semifinalista, fronte ó Real Madrid (61-81)

Outras competicións 1984-1985. Campión de Liga de Segunda División. 2022-2023. Basketball Champions League 2023-24 Eliminado na fase previa

Traxectoria en liga A seguinte táboa amosa o percorrido do Obradoiro CAB polas diversas categorías do baloncesto nacional dende a tempada de debut en 1970/71 até a actualidade: Categoría2025242322212019181716151413121110 090807060504030201009998979695949392919089888786858483828180797877767574737271Liga ACB/1ª División 17 11 15 14 14 15 12 13 15 12 12 813 17 14 LEB Ouro/1ª División B 20px|Disputándose 2 15 5132267 12 38 148448 LEB Prata/2ª División 1 29 Categorías rexionais Tempadas na máxima categoría do baloncesto nacional (Liga ACB ou equivalente): 15 82/83, 09/10, 11/12, 12/13, 13/14, 14/15, 15/16, 16/17, 17/18, 18/19, 19/20, 20/21, 21/22, 22/23, 23/24 Tempadas na segunda categoría do baloncesto nacional (LEB Ouro ou equivalente): 15 73/74, 74/75, 75/76, 76/77, 77/78, 80/81, 81/82, 83/84, 85/86, 86/87, 87/88, 88/89, 89/90, 91/92, 10/11, 24/25 Tempadas noutras categorías: 24 78/79, 79/90, 84/85, 90/91, 92/93, 93/94, 94/95, 95/96, 96/97, 97/98, 98/99, 99/00, 00/01, 01/02, 02/03, 03/04, 04/05, 05/06, 06/07, 07/08, 08/09

Os números do Obradoiro CAB en ACB / Primeira División TempadasXog.Gañ.Per.P+P-Postos na Tempada RegularResultado final2023-24 341123 27602868 17º de 18 Descenso.2022-23 341420 26942832 11º de 18 Permanencia.2021-22 341222 27922930 15º de 18 Permanencia.2020-21 361224 28883015 14º de 19 Permanencia.2019-20 23914 18321972 14º de 18 Permanencia.2018-19 341123 26452823 15º de 18 Permanencia.2017-18 341420 26502742 12º de 18 Permanencia.2016-17 321121 24392626 13º de 17 Permanencia.2015-16 341024 25642685 15º de 18 Permanencia.2014-15 341519 24672535 12º de 18 Permanencia.2013-14 341321 25482624 12º de 18 Permanencia.2012-13 341816 27202640 8º de 18 Cuartos de final.2011-12 341321 24052481 13º de 18 Permanencia.2009-10 34826 25192814 17º de 18 Descenso.1982-83 26224 18952466 14º de 14 Descenso.

Pavillón 220px|miniatura|dereita|Exterior do Multiúsos Fontes do Sar. 220px|miniatura|dereita|Interior do Multiúsos Fontes do Sar. O Obradoiro CAB xoga os seus encontros como local no Pavillón Multiúsos Fontes do Sar, situado no leste da cidade, nunha zona coñecida como Brañas de Sar, ó pé do Monte Gaiás. O recinto foi inaugurado en 1998, e ten capacidade para acoller a 6.050 seareiros. O equipo comparte este pavillón co Santiago Futsal, o equipo de fútbol sala que compite na máxima categoría da LNFS. Este pavillón é propiedade do Concello de Santiago de Compostela.