O Instituto de Ensinanza Secundaria Pintor Colmeiro é un centro público de ensino medio de Silleda.
Características
Comezado a construír en 1998 e inaugurado en 1999, está situado ás aforas do núcleo urbano, ao pé da estrada que une esta vila con Forcarei. Leva o nome do pintor Manuel Colmeiro, nado no concello de Silleda.
Ten 42 docentes e aproximadamente 375 alumnos repartidos entre a ESO, a educación de persoas adultas, o bacharelato e a formación profesional. Os ciclos de formación profesional que imparte son: ciclo medio de Guía no medio natural e do tempo libre e ciclo básico de Servizos comerciais.
Dende setembro de 2011 ata xuño de 2024 o director do centro foi Xesús Fernández Sulleiro. O 1 de xullo de 2024 tomou o relevo na dirección do centro a docente Mª Laura López Peña.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Nova web do centro
Pintor Colmeiro Categoría:Silleda Categoría:Silleda sen imaxes