Klaus Schulze, nado en Berlín o 4 de agosto de 1947 e finado o 26 de abril de 2022, foi un compositor alemán de música electrónica.

Traxectoria Os seus inicios na música comezan sendo moi novo, con varios anos de estudo de guitarra clásica e a participación nun grupo de Düsseldorf, chamado Les Barons, tocando o baixo. Durante os seus estudos de filoloxía alemá mostrouse como un compositor moderno e músico achegado ás teorías da Universidade de Berlín. Foi nesta cidade onde iniciou a súa carreira como músico profesional, formando parte de grupos da escena alternativa berlinesa de finais dos anos 60 e principios dos 70: Psy Free(1967-1968), Tangerine Dream (1969-1970), Ash Ra Tempel e The Cosmic Jokers. Porén, só foron gravacións non serias, sen permiso dos artistas, como Harald Grosskopf ou Manuel Göttsching, produto de sesiones cheas de LSD conRolf-Ulrich Kaiser como produtor. Tamén comezou a súa carreira discográfica dentro do ámbito electrónico, que chegou ata o seu falecemento, tendo xa máis de cen discos entre títulos propios, colaboracións, concertos e producións.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial

Categoría:Compositores de música electrónica Categoría:Nados en Berlín Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 2022