Xosé Francisco Lesta Meis, nado en Eirís de Arriba (Oza, A Coruña) o 16 de marzo de 1887 e finado en Eirís de Abaixo o 22 de decembro de 1930, foi un escritor e xornalista galego, vencellado aos intelectuais da Xeración Nós e aos escritores relacionados coas Irmandades da Fala.

Traxectoria Logo de traballar na infancia nas labores agrícolas na súa aldea natal, emigrou a Cuba. Na Habana faise cunha formación autodidacta mentres traballa nas plantacións de azucre. Despois dedícase ao xornalismo, mantendo en Eco de Galicia a sección De mi tierra entre 1925 e 1930 e colaborando n' A Nosa Terra. De regreso a Galicia viviu na Coruña. Formou parte das Irmandades da Fala e estivo vencellado á Xeración do 16.

Foi un dos narradores máis salientábeis da promoción das Irmandades da Fala. A súa prosa realista retrata os costumes da xente que lle foi máis próxima, o mundo rural, a emigración, aproveitando para verter a súa experiencia autobiográfica.

Casou con Rogelia Raso Naya.

Obra

Manecho o da rúa, 1926, Colección Lar (novela curta). Estebo, 1927, Biblioteca de Novelas Lar. Edición do Consello da Cultura Galega en 2024, con estudo de Miro Villar, ISBN 978-8417802608. Abellas de ouro, 1930, Nós, cun "Preludio cordial" de A. Villar Ponte.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía

."O testemuño da novela de Lesta Meis" en . Estebo. Edicións Xerais de Galicia, 1981.

Outros artigos Irmandades da Fala Ligazóns externas Almanaque das Irmandades Enciclopedia Historia Literatura Galega Asociación Socio-Pedagóxica Galega

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1930