Lucía Novas Garrido, nada en Bueu o 1 de outubro de 1979, é unha escritora e docente galega.
Traxectoria miniatura|Recitando no Pazo da Cultura de Pontevedra o 8/11/2018 Estudou no colexio A Pedra e no IES Johán Carballeira de Bueu. Comezou tradución e interpretación para logo licenciarse en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo. Exerceu como profesora no ensino secundario de Lingua e Literatura Galega no IES María Soliño de Cangas de Morrazo pasando a Pontevedra en 2022. Escritora xa na adolescencia, gañou diversos premios de poesía, e ten participado en diversos volumes colectivos. Colabora con poemas seus en revistas como Grial, PolpA, Casa da Gramática, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, O Ollo Público, Escrita Contemporánea e en 2018 Ligeia. Participou como relatora no curso Demasiados zapatos para unha cincenta (Universidade de Salamanca), nas xornadas de Poesía da Fundación Alberti e no V Ecnontro de Novos/as Escritores da AELG.
Poética:
Obra Poesía Epiderme de estío (2001). A Coruña: Espiral Maior. 56 páxs. ISBN 9788495625311. Neve (2010). A Coruña: Espiral Maior. 88 páxs. ISBN 978-8492646456. Cervatos (2017). Pontevedra: Kalandraka. 96 páxs. ISBN 9788416721153. Violetas no asfalto. Antoloxía poética (2021). Pontevedra: Deputación de Pontevedra, Col. Medal. 81 páxs. ISBN 978-84-8457-500-9. Prólogo de Ramón Nicolás.
Obras colectivas Premio 1998 de relato e poesía da Universidade de Vigo, 1998, Xerais. Premio 1999 de relato, poesía e teatro da Universidade de Vigo, 1999, Xerais. Premio 2000 de relato, poesía e teatro da Universidade de Vigo, 2000, Xerais. Premio 2001 de relato, poesía e teatro da Universidade de Vigo, 2001, Xerais. XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível, 2002, S. C. D. Condado. O trazo aberto. Poesías e debuxos, 2002, Deputación de Pontevedra. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Das sonorosas cordas, 2005, Eneida. Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG. Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior. Poetízate. Antoloxía da poesía galega, 2006, Xerais. Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais. Letras novas, 2008, AELG. Erato. Bajo la piel del deseo, 2010, Sial (edición bilingüe galego-castelán). Pegadas, 2011, A porta verde do sétimo andar. Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, AELG, libro electrónico. Novas de poesía. 17 poetas, 2013, Fundación Uxío Novoneyra. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía. Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
Edicións miniatura|25 anos con Lois Pereiro. Libraría Paz de Pontevedra. Con Ana Acuña, Ramón Rozas, Xaime Toxo e Tamara Andrés.Antoloxía poética, de Ramón Cabanillas (2009). Vigo: Galaxia.
Premios Premio Minerva de poesía en 1996 e 1997. Premio da Universidade de Vigo de poesía no 2000. Premio Faustino Rey Romero no 2000, por A flor do lirolai. Premio de poesía Concello de Carral no 2000, por Epiderme de estío. Premio de poesía Johán Carballeira no 2009, por Neve.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1979 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Profesores