miniatura|esquerda|250px|Estudantes desta arte marcialesquerda|miniatura|250px|Instrutor de Hapkido inspeccionando os hapkidokas no dojangHapkido (en coreano 합[hap]기[ki]도[do] escrito en hangul, e escrito 合[hap]氣[ki]道[do] con hanja) é o nome dunha arte marcial coreana. O termo pódese interpretar como "a senda da coordinación da enerxía". Os ideogramas que representan o Hapkido son os mesmos do Aikido. A simple vista é unha combinación de técnicas de taekwondo con outras de aikibudo. O seu ensino está moi enfocado á defensa persoal.

Historia

A historia do hapkido é bastante confusa, pero moitas fontes atribúeno a dous coreanos: Choi Yong Sul (1904-1986) e Ji Han Jae (1936-). Cando era neno, Choi foi ao Xapón, onde parece que fixo traballo de criado do mestre do Daito ryu Aiki jutsu, Sokaku Takeda.

Choi demostrou calidades no Daito-ryu Aiki-jutsu e frecuentemente en Takeda enviábao a se enfrontar con outros practicantes de artes marciais. De volta a Corea, Choi empezou a dar clases de artes marciais. Un dos seus alumnos, Ji Han Jae, incorporou técnicas coreanas tradicionais de patadas e puñadas (derivadas do taekkyon e do hwarangdo) e ao repertorio de técnicas resultante deulle o nome de hapkido en 1959. Ademais de Choi e Ji, moitas escolas de artes marciais coreanas tiveron participación no desenvolvemento de varias técnicas que contribuíron ao hapkido tal e como se coñece actualmente.

Principios O Won, (원 o 圓) ou principio do círculo: fala de que a forza do ataque contrario é desviada, controlada e dirixida na dirección desexada en forma de círculos. O Yu, (유 o 柳) ou principio da auga: fala da penetración total da defensa do adversario dunha maneira fluída, flexíbel e cambiante, como o é a auga. O Hwa, (화 o 和) ou principio da harmonía: fala de que non hai que opoñerse á forza do atacante; desta forma pódese utilizar a forza do opoñente a favor propio.

Grandes mestres Choi Young Sul Ji Han Jae Myung Jae Nam He Young Kim In Sun Seo Myung Kwang-Sik

Véxase tamén

Outros artigos Artes marciales Hankido

Ligazóns externas

Sin Moo Hapkido en España Páxina oficial Asociación Española Yang Hum Kwan Hapkido Páxina oficial Sin Moo Hapkido en Francia Páxina da Hapki Yu Kwon Sul de Euskadi

Categoría:Artes marciais