Roberto Porto, nado no Barco de Valdeorras nos anos oitenta, é un actor galego.

Deuse a coñecer co filme Pradolongo, dirixido por Ignacio Vilar. Nunca tivo interese polo mundo cinematográfico pero un casting en Valdeorras e por probar unha nova experiencia fixo que saltase a este mundo e quedase abraiado. Agora, no 2008 remata os seus estudos de bacharelato en Ourense. Quérese dedicar a este mundo, e como proxectos destaca un papel principal na primeira curtametraxe de Bruno Nieto (director da primeira serie galega para Internet, Oculta identidade).

Filmografía Pradolongo (2007). Oculta identidade (2008).

Véxase tamén

Categoría:Actores do Barco de Valdeorras Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Nados no Barco de Valdeorras Categoría:Nados en ano descoñecido