Nocilla Dream é unha novela de Agustín Fernández Mallo, publicada en 2006. É o expoñente dunha nova corrente literaria que é denominada pop, e está englobada nunha triloxía chamada Nocilla Project, que se completará con Nocilla Experience e Nocilla Lab.

Características

Está composta por 113 fragmentos, capítulos curtos, pequenas historias que se cruzan, algunhas delas cortadas sen resolución e que crean, á fin, un panorama de toda a obra. Algúns temas recorrentes de Nocilla Dream son a estrada US50 e a árbore de zapatos, que serven para conectar os personaxes.

Recoñecementos

Mellor novela do ano en lingua castelá pola revista Quimera

Nomeada polo suplemento El Cultural, do xornal de tirada nacional El Mundo, como unha das dez mellores novelas do 2006.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Novelas en castelán Categoría:Obras literarias de 2006