Cygnus ou Cisne é unha constelación do hemisferio norte que atravesa a Vía Láctea. Dado o patrón das estrelas principais, ás veces é coñecida coma a Cruz do Norte (en contraste coa Cruz do Sur). Contén a Deneb, unha estrela de primeira magnitude e un grupo de seis estrelas que forman a Cruz do Norte.

Estrelas principais α Cygni (Deneb), a estrela máis brillante da constelación con magnitude aparente 1,25, é unha estrela superxigante branco-azulada. Moi afastada de nós, non se coñece a súa distancia con exactitude, podendo estar entre 1600 e 3200 anos luz. O seu brillo ten que ser extraordinario, cunha luminosidade entre 60.000 e 250.000 soles. β Cygni (Albireo), con magnitude 3,05, é unha estrela dobre onde as dúas compoñentes, unha amarela e a outra azul, están separadas 34 arcsec. Á súa vez, a primeira delas é unha binaria espectroscópica. γ Cygni (Sadr), a segunda máis brillante da constelación con magnitude 2,23, superxigante amarela a 1300 anos luz. δ Cygni, de magnitude 2,86, un sistema estelar triplo. ε Cygni (Giennah), de magnitude 2,48, unha [xigante laranxa]. ζ Cygni, estrela de bario cunha anana brhanca de compañeira. ξ Cygni, superxigante laranxa de magnitude 3,72 situada a uns 1200 anos luz. ο Cygni, designación de Bayer compartida por dúas estrelas distintas, ο1 Cygni e ο2 Cygni; curiosamente as dúas son binarias eclípsantes. χ Cygni, estrela superxigante de tipo espectral S, cunha magnitude oscila entre 3,62 e 15,00, a maior variación coñecida nunha estrela. ω² Cygni (Ruchba), estrela binaria onde a súa observación é moi interesante polo contraste entre ambas compoñentes (vermella e azul). 61 Cygni, estrela binaria formada por dúas ananas laranxas nas proximidades do sistema solar (11,36 anos luz), unha das mellores para observar cuns prismáticos. 16 Cygni, sistema triplo composto por dúas ananas amarelas semellantes ó Sol, e unha anana vermella: descubriuse un planeta extrasolar ó redor dunha das estrelas amarelas. Gliese 777, sistema binario onde a compoñente principal ten dous planetas extrasolares. GJ 1245 (V1581 Cygni), sistema estelar triplo a uns 15 anos luz da Terra. HD 188753, cun posible planeta extrasolar, sería o primeiro descuberto ó redor dun sistema estelar triplo. P Cygni, estrela hiperxigante variable luminosa azul, unha das máis brillantes da galaxia. A súa magnitude aparente é 4,8. KY Cygni, unha colosal superxigante vermella, unha das máis grandes que se coñecen. SS Cygni, posiblemente a estrela variable máis observada do firmamento, cunha magnitude que varía entre 8,3 e 12,2. TT Cygni, estrela de carbono cunha cuberta de po ó redor. Cygnus X-1, un sistema binario composto por unha superxigante azul e outro obxecto masivo, probablemente un burato negro.

Obxectos Notables do espazo profundo Nebulosa Norteamérica (NGC 7000), situada ó leste de Deneb, a súa forma lembra ó continente norteamericano. Nebulosa Pelicano (IC 5070), o seu nome debese á forma semellante á desta ave. Nebulosa do Velo NGC 6960, NGC 6992 e NGC 6995, é o resto dunha antiga supernova. Nebulosa Medialuna (NGC 6888), formada por unha estrela de Wolf-Rayet (WR 136). Nebulosas planetarias NGC 6826 (Nebulosa do Ollo que Pestanexa), NGC 6884, NGC 7027. Nebulosa do Ovo (RAFGL 2688), protonebulosa planetaria bipolar. Nebulosa do casulo (IC 5146) Galaxia NGC 6946, no límite coa constelación de Cepheus, onde se teñen observado varias supernovas.

Historia e mitoloxía

300px|miniatura|Cygnus e Lyra.

Na mitoloxía grega, a constelación representaba varios cisnes lendarios. Así, Zeus disfrazouse de cisne para seducir a Némesis, da que, segundo algunhas versións, naceu Helena de Troia.

Orfeo foi transformado en cisne trala súa morte, e dicíase que fora posto no firmamento xunto coa súa lira (Lyra).

Finalmente, cóntase que representa un rei de nome Cicno que era un parente ou amante de Faetón. O fillo de Apolo, Faetón, enganou ó seu pai permitíndolle montar no carro do Sol, pero perdeu o control e foi abatido por Zeus. Despois da morte de Faetón, Cicno mergullouse no río Erídano para atopalo. Fíxoo tantas veces, que se foi transformado no cisne Cygnus, e hoxe é visible no ceo.

Por outra parte, Cygnus, xunto a outras constelacións no signo zodiacal de Saxitario (en concreto Lyra e Aquila, xunto á propia Saxitario), poden ter un papel significativo na orixe do mito das Aves de Estinfalo, unha das doce tarefas de Hércules.

Notas

Véxase tamén Outros artigos A Cruz do Sur

Ligazóns externas

The Deep Photographic Guide to the Constellations: Cygnus The clickable Cygnus Star Tales – Cygnus

Categoría:Constelacións