Ossa de Montiel é un concello español situado na provincia de Albacete. Atópase a 85 km da capital da provincia. En 2007 tiña 2.738 habitantes repartidos en 243,71 km².
Historia O 23 de febreiro de 2015, ás 17:16 hora local, a localidade foi o epicentro dun movemento sísmico producido a 15 quilómetros de profundidade. O tremor rexistrou unha magnitude 5,2 na escala de Richter e de intensidade 4 na escala de Mercalli, durante unha duración de case cinco segundos.
Demografía
Festas populares Do 16 ao 21 de agosto: días de Feira. 29 de abril: San Pedro Mártir de Verona (romaría). 29 de setembro: San Miguel Arcanxo.
Categoría:Concellos da provincia de Albacete