Sheldon Lee Glashow, nado en Nova York en 1932, é un físico e catedrático norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1979.

Biografía Naceu o 5 de decembro de 1932 na vila de Nova York, fillo de inmigrantes rusos de tradición xudía. Estudou no Bronx High School of Science, onde coñeceu a Steven Weinberg, e posteriormente licenciouse en Física no ano 1954 na Universidade Cornell. En 1959 conseguiu o doutoramento na Universidade Harvard baixo a supervisión de Julian Schwinger, e ampliou os seus estudos no Instituto Niels Bohr de Copenhague, o CERN e no Instituto Tecnolóxico de California.

Entre 1982 e 1984 Glashow foi profesor de física na Universidade de Houston, e desde aquel ano é o da Universidade de Boston.

Investigacións científicas Xunto a Steven Weinberg e Abdus Salam desenvolveu a teoría da interacción electrodébil pola cal o electromagnetismo e a Interacción nuclear débil son, baixo certas condicións, unha mesma e única interacción. Grazas a estes traballos púidose comprobar como esta teoría era aplicable a todas as partículas e non tanto só aos leptóns.

En 1979 Glashow, xunto con Steven Weinberg e Abdus Salam, serían galardoados co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a Interacción electrodébil.

Posteriormente estudou a relación materia/antimateria, os neutrinos e realizou tamén varios tests de comprobación da relatividade especial descrita por Albert Einstein. Así mesmo destaca por ser un dos científicos máis escépticos da teoría das supercordas, que intenta explicar á vez todas as partículas subatómicas existentes e unificar todas as forzas da natureza.

Libros

Interactions. A Journey through the Mind of a Particle Physicist and the Matter of this World. The Charm of Physics.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1979

Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en 1932 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América