Magnum Photos é unha cooperativa internacional de fotografía posuída polos propios fotógrafos, con oficinas localizadas en Nova York, París, Londres e Tokyo. En palabras do cofundador Henri Cartier-Bresson, "Magnum é unha comunidade de pensamentos, unha cualidade humana compartida, unha curiosidade sobre o que está a pasar no mundo, un respecto polo que está a pasar no mundo, e un desexo de transcribilo visualmente." Os fotógrafos de guerra Robert Capa, David "Chim" Seymour, William Vandivert, Henri Cartier-Bresson, e George Rodger fundaron Magnum en 1947, respondendo ás súas experiencias da segunda guerra mundial. Magnum é unha das primeiras axencias fotográficas cooperativas, posuídas e administradas por completo polos seus membros. O modelo serve como soporte para os fotógrafos, que reteñen tódolos dereitos e o copyright do seu propio traballo.
A cooperativa Magnum ten incluído reporteiros gráficos procedentes de toda a xeografía do globo e teñen cuberto moitos acontecementos históricos do século vinte. Os arquivos da cooperativa inclúen fotografías describindo a vida familiar, drogas, relixión, guerra, pobreza, fame, crime, políticos e famosos.
Lista de fotógrafos membros da axencia A Abbas Eve Arnold Marla Albrecht
B Micha Bar Am Bruno Barbey Jonas Bendiksen Ian Berry Brian Brake René Burri
C Carl De Keyzer Cornell Capa Robert Capa Henri Cartier-Bresson Chien-Chi Chang
D Antoine D'Agata Bruce Davidson Carl de Keyzer Raymond Depardon Thomas Dworzak
E Nikos Economopoulos Elliott Erwitt
F Martine Franck Stuart Franklin Leonard Freed Paul Fusco
G Jean Gaumy Bruce Gilden Burt Glinn Cristina García Rodero Maya Goded Jim Goldberg Philip Jones Griffiths Harry Gruyaert Ara Güler
H Ernst Haas Philippe Halsman Charles Harbutt Erich Hartmann David Alan Harvey Thomas Hoepker David Hurn Mai Ha
K Richard Kalvar Josef Koudelka Hiroji Kubota
L Sergio Larrain Guy Le Querrec Erich Lessing Herbert List
M Alex Majoli Constantine Manos Peter Marlow Steve McCurry Susan Meiselas Wayne F. Miller Inge Morath John G. Morris (editor de fotografías)
P Trent Parke Martin Parr Paolo Pellegrin Gilles Peress Gueorgui Pinkhassov Mark Power
R Raghu Rai Eli Reed Marc Riboud Miguel Rio Branco George Rodger
S Sebastião Salgado (ata 1994) Lise Sarfati Ferdinando Scianna Ernst Scheidegger David Seymour Marilyn Silverstone W. Eugene Smith Alec Soth Chris Steele-Perkins Dennis Stock
T Nicolas Tikhomiroff Larry Towell
U Ilkka Uimonen
V John Vink
W Alex Webb Simon Wheatley Donovan Wylie
Z Patrick Zachmann
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web oficial de Magnum
Categoría:Fotografía Categoría:Cooperativas