O circuíto urbano de Long Beach é un circuíto de carreiras urbano situado en Long Beach (California, Estados Unidos). Nel disputouse o Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de Fórmula 1 entre e , e o Gran Premio de Long Beach da Champ Car World Series desde a tempada 1984 ata a data, así como carreiras de automóbiles históricos, a American Le Mans Series, a Formula Drift e a Förmula Atlantic.

Logo da unificación da Champ Car e a IndyCar Series no ano 2008, o Gran Premio de Long Beach e a carreira no Twin Ring Motegi disputáronse no mesmo fin de semana, ambas as válidas para o campionato da IndyCar Series.

O trazado do circuíto, duns tres quilómetros de extensión, modificouse tres veces durante os oito anos como data da Fórmula 1, e moitas veces máis como parte da Champ Car. Todos incluíron unha longa recta pola vía da costa, cerca do porto, e numerosas curvas de 90 graos e pinzas pechadas.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto urbano de Long Beach AnoPilotoAutoDuraciónLonxitudeVoltasVelocidade mediaDataGP de 1976 Clay RegazzoniFerrari 1:53:18.471 h 3´251 km 80 137´720 km/h 28. Marzo Estados Unidos 1977 Mario AndrettiLotus-Ford 1:51:35.470 h 3´251 km 80 139´839 km/h 3. Abril 1978 Carlos ReutemannFerrari 1:52:01.301 h 3´251 km 80 140´172 km/h 2. Abril 1979 Gilles VilleneuveFerrari 1:50:25.40 h 3´251 km 80 142´201 km/h 8. Abril 1980 Nelson PiquetBrabham-Ford 1:50:19.4 h 3´251 km 80 142´348 km/h 30. Marzo 1981 Alan JonesWilliams-Ford 1:50:41.33 h 3´251 km 80 141´860 km/h 15. Marzo 1982 Niki LaudaMcLaren-Ford 1:58:25.318 h 3´428 km 75 131´131 km/h 4. Abril 1983 John WatsonMclaren-Ford 1:53:34.889 h 3´275 km 75 129´753 km/h 27. Marzo

Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Circuítos de carreiras dos Estados Unidos de América