miniatura|dereita|250px|Pedra das Ferraduras. miniatura|dereita|250px|Hórreo. Fentáns é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 67 habitantes (33 homes e 34 mulleres), o que supón un descenso de 6 persoas respecto ó ano 2006.

Características É a única parte do antigo concello de Cotobade na beira dereita do río Lérez. Para chegar alí antigamente cruzábase pola ponte de San Xurxo, do século XVIII, pero no ano 2002 fíxose unha nova pola que pode pasar o tráfico rodado.

Neste lugar está a capela da Nosa Señora de Lixó e a Virxe dos Remedios, a carón dun peto de ánimas e do cruceiro de Lixó.

Pero o lugar destaca especialmente polo alto número de restos arqueolóxicos. Entre todos eles destaca a Pedra das Ferraduras, pero tamén están o petróglifo do Outeiro do Morcego (5 grupos), o do Coto da Braña, o do Outeiro da Besta, a Laxe dos Cervos, a Chan do Rapadoiro, o Coto do Rapadoiro, a do Camiño da Valboa, e os petróglifos de Lixó. Son da Idade de bronce, con inscricións de cazoletas, de figuras circulares e zoomórficas (de cervos).

Lugares e parroquias Lugares de San Xurxo de Sacos

Parroquias de Cerdedo Cotobade

Notas

Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade