Trasmoz é un concello da Provincia de Zaragoza (España), situado na Comarca de Tarazona e o Moncayo. O seu termo municipal ten unha área de 18,26 km².
A localidade xerou lendas sobre bruxas ou meigas, bruxaría e aquelarres, algunhas das cales foron recreadas por Gustavo Adolfo Bécquer. É a única vila española oficialmente maldita e excomungada pola igrexa católica, cuxa excomuñón non foi revocada até o de agora.
Trasmoz converteuse nun destino turístico bruxeril. No mes de xullo celébrase a Feira da bruxería e plantas medicinais.
Xeografía
Trasmoz sitúase nas abas do Moncayo, a unha altitude de 765 metros sobre o nivel do mar e ao oeste da provincia de Zaragoza, a unha distancia de 13 quilómetros de Tarazona e a 78 quilómetros de Zaragoza. Parte do seu termo municipal está ocupado polo parque natural do Moncayo. Toponimia A historia do actual núcleo ao Señorío de Trasmoz, que durante os séculos XII e XIII alternou entre o Reino de Aragón e o de Navarra, até que Xacobe I o conquistou definitivamente en 1232. O nome «Trasmoz» figura por primeira vez na Carta Puebla de Vera de Moncayo de 1368, como "Trasmoz", e uns anos máis tarde no Libro Chantre, como "Trasmoç". Segundo Manuel Gargallo a súa etimoloxía debería buscarse no nome Trasmontes, debido á súa localización xeográfica, xa que a vila está rodeada por montes polo leste e polo oeste. Co paso do tempo, do nome Trasmontes perdeuse a primeira vocal postónica, e logo o grupo "ts" converteuse en "z", como ocorre a miúdo na fala aragonesa.
Poboación Variación demográfica do municipio entre 1991 e 2007199119952001200420078074657291
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina da asociación cultural El Embrujo de Trasmoz Ficha do Castelo de Trasmoz Castelo de Trasmoz
Categoría:Concellos da provincia de Zaragoza