Adolfo Cipriano Allegue Allegue, coñecido como Riqueche, nado en Grandal (Vilarmaior) o 19 de febreiro de 1919 e finado en Monfero o 31 de outubro 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Exerceu como carpinteiro en Vilarmaior. Pasou polo cárcere entre 1941 e 1943. En 1946 ingresou no Partido Comunista de España e actuou como enlace da guerrilla. Foi reclamado polo xuíz militar da Coruña en setembro de 1948 encartado na causa 36/46 xunto con Diego Romero Jiménez, Benigno Fraga Pita, Segundo Vilaboy Martínez, Carlos Allegue Caruncho, Antonio Tenreiro Leira e Jesús Calvo García.BOE, 22-9-1948, p. 2154.
En 1948 botouse ao monte e liderou o destacamento Arturo Cortizas pertencente á IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia que actuaba na época no norte da provincia da Coruña. En 1949 o destacamento trasladouse aos concellos de Vilarmaior, Pontedeume e Monfero. Foi reclamado polo xuíz militar de Ferrol en setembro de 1949 encartado na causa 190/49 por atraco a man armada en Monfero o 31 de maio dese ano xunto con Francisco Paz Fornos e Francisco Martínez Leira.BOE, 2-9-1949, p. 1863. Morreu cos seus compañeiros Antonio López Arias, José Chao Rouco, José Temblás Paz, Juan Freire Barcia, Rogelio Alonso Carral e José Remuiñán Barreiro, nun enfrontamento coa Garda Civil en Pazos (San Fiz de Monfero) o 31 de outubro de 1949.La Voz de Galicia, 1-11-1949, p. 2."Siete bandoleros muertos en un tiroteo con la Guardia Civil, en Pazos", El Correo Gallego, 1-11-1949, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Vilarmaior Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Carpinteiros