1931 (MCMXXXI) foi un ano común comezado en xoves segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos 19 de febreiro - Nova Delhi é nomeada capital da India. 12 de abril - Vitoria dos republicanos nas capitais de provincia nas eleccións municipais en España. 14 de abril - Proclámase a Segunda República Española. miniatura|15 de abril de 1931, proclamación da república. 17 de abril - "Al país", manifesto de renuncia do rei Afonso XIII de España, publicado no diario ABC. 6 de decembro - Fúndase o Partido Galeguista. 14 de maio - Italia: o director de orquestra Arturo Toscanini é golpeado por un fato de fascistas por negarse a executar o himno fascista. 12 de setembro - Honduras Británica (Belize): un ciclón causa a morte de máis de 700 persoas e centenares de feridos. 18 de setembro - Incidente de Mukden. Xapón comeza a invasión de Manchuria. 1 de outubro - España: recoñecese o dereito ao voto das mulleres. miniatura|300px|Fundación do Partido Galeguista en decembro de 1931.

Nacementos miniatura|150px|Mikhail Gorbachev miniatura|150px|Boris Eltsin 5 de xaneiro - Juan Goytisolo, escritor español. 9 de xaneiro - Algis Budrys, escritor en lingua inglesa de orixe lituana. 16 de xaneiro - Johannes Rau, presidente de Alemaña (m. 2006). 17 de xaneiro - James Earl Jones, actor estadounidense. 20 de xaneiro - Sawako Ariyoshi, actriz xaponesa. 22 de xaneiro - Sam Cooke, músico estadounidense (m. 1964). 28 de xaneiro - Lucía Bosé, actriz italiana. 29 de xaneiro - Xosé Fernández Ferreiro, escritor galego. 1 de febreiro - Boris Eltsin, político ruso (m. 2007). 9 de febreiro - Thomas Bernhard, escritor austríaco. 12 de febreiro - Janwillem van de Wetering, escritor neerlandés (m. 2008). 18 de febreiro - Toni Morrison, escritora estadounidense, premio Nobel de Literatura en 1993. 2 de marzo - Mikhail Gorbachev, líder da Unión Soviética, Premio Nobel da Paz. 5 de marzo - Fred, autor de historietas francés, creador de Philémon. 10 de marzo - Antonio Eiras Roel, historiador galego. 31 de marzo - Robert Ouko político kenyano (m.1990) 15 de abril - Tomas Tranströmer, escritor sueco, premio Nobel de Literatura en 2011. 29 de abril - Frank Auerbach, pintor alemán e británico (m. 2024) 20 de maio - Georgios Vasiliou, presidente de Chipre. 3 de xuño - Raúl Castro, presidente de Cuba, irmán de Fidel Castro. 6 de xuño - Kikí Dimulá, poetisa grega. 8 de xuño - Fernando Henrique Cardoso, expresidente do Brasil. 22 de xullo - Guido de Marco, político de Malta. 12 de agosto - Camilo Gonsar, escritor galego. 20 de agosto - Bernd Becher, fotógrafo alemán. 12 de setembro - Silvia Pinal, actriz mexicana. 17 de setembro - Anne Bancroft, actriz norteamericana. 29 de setembro - Anita Ekberg, actriz sueca. 30 de setembro - Angie Dickinson, actriz estadounidense. 4 de outubro - Richard Rorty, filósofo estadounidense. 6 de outubro - Riccardo Giacconi, físico italiano, Premio Nobel. 7 de outubro - Desmond Tutu, arcebispo surafricano, Premio Nobel da Paz. 15 de outubro - Avul Pakir Jainulabdeen Abdul Kalam, presidente da India. 19 de outubro - John le Carré, escritor inglés. 3 de novembro - Monica Vitti, actriz italiana. 5 de novembro - Ike Turner, músico estadounidense (m. 2007). 15 de novembro - Mwai Kibaki, presidente de Kenya. 16 de novembro - Luciano Bottaro, historietista cómico italiano. 26 de novembro - Adolfo Pérez Esquivel, activista arxentino, Premio Nobel da Paz 1980. 10 de decembro - Gonzalo Anes Álvarez, economista e historiador español. 24 de decembro - Mauricio Kagel, compositor arxentino. Ahmed Essop, escritor surafricano (m. 2019).

Mortes miniatura|150px|dereita|Thomas Alva Edison 17 de xaneiro - Jacinto Crespo, político agrarista galego. 26 de febreiro - Otto Wallach, químico alemán, premio Nobel de Química en 1910. 7 de marzo - Theo Van Doesburg, artista holandés. 11 de marzo - F. W. Murnau, director de cine alemán. 8 de abril - Erik Axel Karlfeldt, poeta sueco, premio Nobel de Literatura en 1931. 10 de abril - Khalil Gibrán, poeta, pintor e novelista libanés. 9 de maio - Albert Michelson, físico estadounidense, Premio Nobel de Física en 1907. 14 de maio - Viktor Dyk, poeta, escritor, político e avogado checo. 4 de xullo - Marcial Lores García, tipógrafo, xornalista e sindicalista galego (n. 1870). 9 de xullo - Julio Rodríguez Soto, avogado e político galego. 12 de xullo - Nathan Söderblom, eclesiástico sueco, premio Nobel da Paz en 1930. 18 de xullo - Martín Echegaray Olañeta, empresario e filántropo galego (n. 1866). 26 de agosto - Hamaguchi Osachi, primeiro ministro do Xapón (n. 1870) 2 de outubro - Jaime de Borbón, aspirante carlista ó trono de España. 18 de outubro - Thomas Alva Edison, inventor estadounidense (n. 1847). 8 de novembro - Manuel Brea Abades, xornalista galego. 9 de novembro - Santiago de la Iglesia Santos, médico e naturalista galego (n. 1851). 26 de decembro - Melvil Dewey, bibliotecario estadounidense, creador do Sistema Dewey de clasificación precedente da Clasificación Decimal Universal.

Premios Nobel Física: --. Química: Carl Bosch, Friedrich Bergius. Fisioloxía ou Medicina: Otto Warburg. Literatura: Erik Axel Karlfeldt. Paz: Jane Addams, Nicholas Murray Butler.

Arte e cultura 3 de xuño - España: declárase monumento histórico-artístico ó palacio dos Marqueses de Ayerbe. 13 de agosto - Arxentina: establécese a Academia Arxentina das Letras. España - Federico García Lorca crea La Barraca, grupo de teatro universitario co que representou obras clásicas en numerosos pobos españois. Estados Unidos - Carl O. Sauer publica o ensaio xeografía cultural. París - Jean Arp publica o Manifesto da arte concreta. miniatura Outros Declárase Monumento Histórico Artístico Nacional o Castro de Santa Trega.

Historia ano a ano

Categoría:1931