miniatura|Hieraaetus pennatus A aguia calzada ou aguia caudal (Hieraaetus pennatus ou Aquila pennatus) é unha ave de rapina de ó redor de 47 cm de longo e 127 cm de envergadura. Os machos pesan uns 700 gramos e as femias ó redor dos 1 000.
Características Viven no sur de Europa (agás en Italia), no norte de África e en Asia central. A poboación europea concéntrase nun 90% en España, onde se calculan unhas 9 000 parellas reprodutoras. Os exemplares europeos pasan o inverno na África subsahariana, os asiáticos no sur do continente. O seu hábitat habitual son zonas montañosas con bosques caducifolios e áreas abertas axeitadas para cazar.
A base da súa alimentación son mamíferos pequenos (roedores e coellos), paxaros e réptiles. Poñen un ou dous ovos nun niño situado nunha árbore alta.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía 9 Splitting headaches? Recent taxonomic changes affecting the British and Western Palaearctic lists. - Martin Collinson, British Birds vol 99 (xuño de 2006), 306-323
Ligazóns externas A aguia calzada na "Lista vermella de especies ameazadas" da IUCN
Categoría:Accipítridos Categoría:Animais descritos en 1788 Categoría:Aves de Eurasia