Macedonia do Norte (en ; en ), oficialmente República de Macedonia do Norte (en ), é un país europeo situado na península dos Balcáns, resultante do despezamento da República Federal Socialista de Iugoslavia. Limita ao norte con Serbia, ao leste con Bulgaria, ao sur con Grecia e ao oeste con Albania. A súa capital é Skopje.
En 1991, a antiga República Socialista de Macedonia proclamou a súa independencia da República Federal Socialista de Iugoslavia baixo o nome oficial de República de Macedonia. Esta denominación foi rexeitada por Grecia, debido á coincidencia do nome do país coa histórica rexión grega de Macedonia. O país converteuse en membro da Organización das Nacións Unidas, mais como consecuencia da disputa con Grecia foi admitido co nome provisorio de Antiga República Iugoslava de Macedonia (en macedonio: Поранешна Југословенска Република Македонија),United Nations, A/RES/47/225, 8 de abril de 1993United Nations Security Council Resolutions 817 do 7 de abril e 845 do 18 de xuño de 1993, véxase UN resolutions made on 1993 expresión que foi empregada por outras organizacións internacionais. En xuño de 2018, Macedonia e Grecia asinaron o acordo de Prespa, que estipulaba que o país debía cambiar o seu nome a República de Macedonia do Norte erga omnes. Este cambio entrou en vigor o 12 de febreiro de 2019 cunha transición de varios meses para os pasaportes, matrículas, moedas, aduanas, sinais de fronteira e páxinas webs gobernamentais inter alia.
O país é ademais membro do Consello de Europa e da OTAN, e candidato a ingresar na Unión Europea.
Historia miniatura|esquerda|Fortaleza de Samuil en Ohrid O actual estado coñecido como Macedonia do Norte correspóndese pouco co antigo Reino de Macedonia de Alexandre Magno, pois naquel período o territorio actual do país formaba parte de Paeonia, un reino poboado por un pobo de orixe tracia, aínda que algunhas partes formaban parte de Iliria e Dardania.
Durante a Idade Media o territorio foi provincia ou thema do Imperio Bizantino, aínda que durante o século VI produciuse unha migración masiva de pobos eslavos que terminaron asimilando demográfica e culturalmente á poboación anterior, de orixes ilirios, tracios e gregos. Posteriormente o territorio foi conquistado polo Reino de Bulgaria, motivo polo cal gran parte da cultura eslavo-macedonia presenta fortes afinidades coa de Bulgaria. Dende o século XII o territorio pasou a formar parte do Reino de Serbia, o que aumentou o influxo cultural eslavo.
Cando a zona dos Balcáns foi invadida e ocupada polos turcos otománs no século XIV o territorio de Macedonia do Norte foi incluído na rexión administrativa de Romelia, manténdose esta dominación turca ata finais do século XIX. Entre 1880 e 1912 (e posteriormente durante as dúas Guerras Mundiais) a Macedonia eslava foi disputada por Bulgaria e Serbia, quedando baixo a soberanía do Reino de Serbia en 1912, a situación foi ratificada trala primeira guerra mundial coa formación do Reino de Iugoslavia. Durante a segunda guerra mundial, coa desmembración de Iugoslavia, Macedonia pasou a formar parte do Reino de Bulgaria, mais despois do conflito o territorio retornou á República Federal Socialista de Iugoslavia, pasando a ser a República Socialista de Macedonia.
O 8 de setembro de 1991 a República de Macedonia declarou a súa independencia de Iugoslavia. Bulgaria foi o primeiro país en recoñecer á República de Macedonia co seu nome constitucional. Porén, o seu recoñecemento internacional foi atrasado pola obxección de Grecia do uso do nome de Macedonia, que consideraba parte do seu legado histórico e cultural, así como a súa bandeira e un polémico artigo da constitución que podía ser utilizado como argumento para a anexión da limítrofe provincia grega de Macedonia, onde reside unha minoría eslava. A Organización das Nacións Unidas (ONU) recoñeceu ó novo estado co nome de Antiga República Iugoslava da Macedonia (ARIM) en 1993.
Con todo, Grecia impuxo un bloqueo comercial unilateral en febreiro de 1994. As sancións comerciais foron levantadas un ano e medio, en setembro de 1995, despois de que a República da Macedonia cambiara a súa bandeira e a súa constitución. Os dous países acordaron normalizar as súas relacións, mais o nome do estado segue sendo fonte de controversia local e internacional. Despois de que o estado fora admitido na ONU con nome de Antiga República Iugoslava de Macedonia, outras organizacións internacionais adoptaron a mesma convención. A maioría dos diplomáticos acreditados na república usan a denominación ARIM. Paradoxalmente, polo menos uns corenta países recoñeceron ao país polo seu nome orixinal de República da Macedonia.
Durante a guerra de Kosovo de 1999, a República de Macedonia cooperou coa OTAN. Uns 360 000 refuxiados albaneses de Kosovo entraron no Estado durante a guerra, ameazando con romper o equilibrio entre os grupos macedónicos e albaneses do país. Actualmente moitos refuxiados regresaron, aínda que continúan as tensións étnicas que ocasionaron disturbios puntuais. Algúns grupos políticos macedonios minoritarios propagan a idea dunha Macedonia unida, reclamando a unión de tódolos territorios gregos e búlgaros con presenza eslava baixo o control dun único estado.
Disputa macedonia miniatura|esquerda|Antiga e moderna concepción de Macedonia O conflito entre Grecia e a Macedonia do Norte estaba causado polo desacordo entre as dúas nacións polo uso do termo Macedonia. O goberno grego opúñase ao uso da devandita denominación por parte do goberno macedonio debido á ambigüidade que este termo creaba entre a República de Macedonia e a rexión grega de Macedonia. O goberno grego tamén se opón ao uso do termo macedonio sen a especificidade entre o pobo macedonio e o idioma. Esta disputa intensificouse até o punto de requirir mediación internacional por parte da Organización das Nacións Unidas.
Frecuentemente era usada a referencia provisional Antiga República Iugoslava de Macedonia (ARIM polas súas siglas en galego, FYROM polas siglas en inglés de Former Yugoslav Republic of Macedonia) por parte daqueles países que non recoñecían o nome constitucional de República de Macedonia. Pese a iso, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aceptaría calquera conclusión que acabase coa disputa entre ambos países. O debate causado polas posturas de ambas as nacións involucrou a participación de políticos, académicos e medios de comunicación.
Tentáronse unha serie de negociacións para a resolución da disputa, incluíndo o cumio da OTAN de 2008 en Bucarest. Con todo, estes intentos de resolver a contenda fracasaron e impediron o ingreso de Macedonia á OTAN debido a obxeccións por parte de Grecia.
Xeografía miniatura|Monte Korab A República de Macedonia non ten nada que ver co Reino de Macedonia, nin coa actual rexión grega de Macedonia, que posúe case a totalidade dos territorios do anterior reino, xa que unha mínima parte desta república e de Bulgaria foron conquistadas por Filipo II. Aos seus habitantes coñecíaselles como ilirios, por iso, non han de confundirse cos macedonios do norte de Grecia.
O terreo é maioritariamente montañoso, situado entre os montes Šar e os Osogovske Planina ao redor do val do río Vardar, sendo a montaña máis alta o Monte Korab con 2.764 m de altitude. Tres grandes lagos (Ohrid, Prespa e Doiran) atópanse na fronteira meridional da República, divididos pola fronteira con Albania e Grecia.
A rexión é activa sismicamente e foi lugar de terremotos destrutivos no pasado, o máis recente en 1963 cando Skopje foi severamente danada por un gran terremoto. A cidade máis grande do país é, por moito, Skopje, a capital, cunha poboación estimada de 600.000 habitantes. Despois de Skopje, as cidades máis grandes son Bitola, Kumanovo, Prilep e Tetovo con poboacións que van desde os 50.000 até os 120.000 habitantes.
Clima miniatura|Lago Mavrovo Macedonia ten un clima mediterráneo de transición a continental. Os veráns son calorosos e secos e os invernos moderadamente fríos. A precipitación media anual varía de 1.700 mm na zona montañosa do oeste a 500 mm na zona oriental. Hai tres principais zonas climáticas no país: mediterráneo tépedo, de montaña e lixeiramente continental.
O Mediterráneo ao longo dos vales dos ríos Vardar e Strumica, nas rexións de Gevgelija, Valandovo, Dojran, Strumica e Radoviš o clima é tépedo e as rexións máis cálidas son Demir Kapija e Gevgelija, onde a temperatura en xullo e agosto supera con frecuencia os 40 °C. O clima de montaña está presente nas rexións montañosas do país e caracterízase por invernos longos e cubertos de neve e veráns curtos e fríos. A primavera é polo xeral máis frío que o outono.
A maioría de Macedonia ten un clima continental moderado, con veráns cálidos e secos, e relativamente fríos e invernos húmidos. Hai trinta estacións meteorolóxicas principais no país.
Política e goberno miniatura|Edificio do Parlamento de Macedonia en Skopje A República de Macedonia é unha democracia parlamentaria cun goberno executivo composto por unha coalición de partidos da lexislatura unicameral (Собрание/Sobranie) e cun poder xudicial independente cun tribunal constitucional. A Asemblea componse de 120 escanos e os membros son elixidos cada catro anos por cidadáns macedonios maiores de dezaoito anos, que poden votar por un dos partidos políticos de Macedonia.
O poder executivo en Macedonia é exercido polo Goberno, cuxo primeiro ministro é a persoa politicamente máis poderosa do país. Os membros do goberno son elixidos polo propio primeiro ministro e ocupan cargos relacionados ministros con cada rama da sociedade. O actual Primeiro Ministro é Nikola Gruevski.
En canto ao papel do Presidente da República é principalmente cerimonial, descansando o poder real en mans do Primeiro Ministro. O Presidente é elixido cada cinco anos pudendo ser elixido dúas veces como máximo. Actualmente o Presidente é Gjorge Ivanov, substituíndo no cargo a Branko Crvenkovski en maio de 2009.
Relacións coa Unión Europea miniatura|Actual Bandeira da República de Macedonia A Axencia Europea de Reconstrución foi creada en 1999 co fin de establecer un marco xurídico unificado para a axuda á Antiga República Iugoslava de Macedonia, nome co que a Unión Europea recoñece a este estado, e os demais estados dos Balcáns. Os programas financiados pola UE teñen como obxectivo contribuír ao bo goberno, a construción das institucións e o estado de dereito, seguir apoiando o desenvolvemento dunha economía de mercado, continuar investindo na infraestrutura física imprescindible e en medidas ambientais e apoiar o desenvolvemento social e o fortalecemento da sociedade civil.
Ademais a UE colabora en materia orzamentaria, de aduanas e de planificación fiscal, o apoio a programas de intercambio educativo, así como as contribucións bilaterais efectuadas polos estados membros da UE. Ditas formas de asistencia son independentes das contribucións bilaterais feitas polos Estados membros da UE.
En decembro de ano 2005 a República de Macedonia obtivo o status de candidato oficial á adhesión como membro da Unión Europea tras solicitalo formalmente en xaneiro de 2004.Europa aposta polos Balcáns Porén, o país debe resolver as súas disputas con Grecia antes de que se poida chegar a unha decisión.
Conflito con Grecia miniatura|Bandeira da República de Macedonia (1992-1995)