dereita|miniatura|230px|Albaricoques secos nunha vila da Capadocia (Turquía).
O albaricoque é o froito do albaricoqueiro (Prunus armeniaca). É unha drupa arrendondeada e aveludada, co óso liso e duro, a súa cor varía do amarelo ao laranxa.
Distribución Orixinaria do nordés da China, preto da fronteira con Rusia e non de Armenia como indica o nome científico. Os romanos levárono a Europa por Anatolia ó redor do ano 70 antes de Cristo denominándoo a preaecox pois florecía temperán na primavera. A comezos do século XXI o 85 % dos albaricoques secos prodúcense en Turquía. Na Península Ibérica valóranse especialmente os producidos na vila de Bornos (provincia de Cádiz).
Produción en milleiros de toneladas. Cifras 2003 Datos de FAOSTAT (FAO) Turquía 440.000 18 % Irán284.00012 % España142.3006 % Paquistán125.0005 % Francia111.0004 % Italia108.5394 % Siria100.9004 % Marrocos97.9504 % Estados Unidos88.8104 % Ucraína80.0003 % Rusia75.0003 % Grecia75.0003 % China73.2183 % Exipto70.7653 % Alxeria70.0003 % Suráfrica66.3863 % Outros460.39119 %
Galería de imaxes
Véxase tamén miniatura|Albaricoques Galta Roja
Ligazóns externas
Categoría:Froitas