280px|miniatura|Sancho nun manuscrito da época.
Sancho IV de Borgoña, o Bravo, nado en Valladolid o 12 de maio de 1258 e falecido en Toledo o 25 de abril de 1295, foi rei de Castela, de León e de Galiza. Era o segundo fillo de Afonso X o Sabio e Violante de Aragón, filla de Xaime I o Conquistador.
Traxectoria Sancho IV casou con dona María de Molina en 1282, e tiveron seis fillos: Isabel (1283-1328), casada con Xaime II de Aragón e con Xoán III da Bretaña; Fernando o Emprazado (1285-1312), o rei Fernando IV; Afonso (falecido en 1319); Pedro (falecido en 1319); Filipe; Beatriz (1293-1359), que casou con Afonso IV de Portugal.
O primoxénito de Afonso X, Fernando de la Cerda, non chegou a reinar ó falecer antes có seu pai. O rei Sabio deixou escrito no seu testamento que o reino debía pasar ó seu neto primoxénito, o infante Alfonso de la Cerda e ó mesmo tempo desherdaba ó seu segundo fillo, Sancho.
200px|miniatura|esquerda|Moeda de Sancho IV. Porén, Sancho proclamouse rei sen respectar a vontade do seu pai, e foi coroado en Toledo en 1284. Foi recoñecido pola maioría dos pobos e dos nobres, pero ó mesmo tempo houbo un grupo bastante numeroso de partidarios dos Infantes de la Cerda, que reclamaban o acatamento do testamento. Durante todo o reinado deste monarca houbo loitas internas e pelexas por alcanzar o poder. Un dos personaxes que máis discordias provocou foi o infante Xoán (irmán de Afonso X), e á súa causa uniuse o nobre Lope Díaz III de Haro, oitavo señor de Biscaia. O rei Sancho fixo executar ó de Haro e mandou encarcerar ó seu tío, o infante Xoán. Tamén, segundo as crónicas, deu a orde de executar 4.000 seguidores dos infantes de la Cerda, pasándoos a coitelo, en Badaxoz, a 400 en Talavera e a outros moitos en Ávila e Toledo.
miniatura|esquerda|180px|Arco de Tarifa cunha placa en recordo dos que loitaron no conflito de Tarifa. Despois destes acontecementos perdooulle ó seu tío Xoán, quen ó pouco tempo se volveu sublevar, ocasionando o conflito de Tarifa. Xoán chamou na súa axuda os benimerines de Marrocos e sitiaron a praza que estaba defendida polo seu gobernador Guzmán el Bueno, señor de León. Alí ocorreu o famoso acto heroico e a morte inocente do fillo de Guzmán. A praza de Tarifa foi fielmente defendida e os benimerines regresaron ó seu lugar de orixe. Desbaratáronse deste modo os plans do infante Xoán e os do sultán de Marrocos, que pretendía unha invasión.
Ó subir ó trono de Aragón Xaime II houbo un achegamento con Sancho IV, e os dous reis, unidos, deron un novo impulso á Reconquista.
O rei Sancho IV foi un grande amigo, ademais de titor, do personaxe histórico coñecido como o Infante Juan Manuel.
Sancho morreu en 1295, deixando como herdeiro o seu fillo Fernando, de nove anos. Deixou tamén en herdanza as disputas e rivalidades cos infantes de la Cerda e os seus partidarios.
Malia ser fillo de Afonso X, era analfabeto.
Véxase tamén
Outros artigos Coroa de Castela Afonso X o Sabio Xoán Afonso de Borgoña
Sancho 04 Categoría:Dinastía de Borgoña Categoría:Nados en 1258 Categoría:Finados en 1295