A Mera é un lugar da parroquia de Silleda no concello pontevedrés de Silleda. No ano 2007 tiña 46 habitantes, deles 21 eran homes e 25 eran mulleres. Isto supón unha diminución no número de habitantes con respecto ao ano 2000.

Situado na parte oriental da parroquia, dá nome ao río que baña o lugar, tamén chamado río da Gouxa. A carón deste lugar foi construído o polígono industrial Área 33 de Silleda, ocupando tamén terreos das veciñas parroquias de Vilar e Taboada.

Lugares e parroquias Lugares de Silleda

Parroquias de Silleda

Categoría:Lugares de Silleda