miniatura|Amiudal no mapa da xurisdición de Avión de Rosendo Amoedo, 1789. Amiudal é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2010 tiña 252 habitantes (144 mulleres e 108 homes), 46 menos ca no ano 2000 e 12 menos ca no ano 2005. A perda de poboación non foi tan acentuada en Amiudal coma no resto da zona, aínda que a perda demográfica é lenta mais constante.
Foi concello de seu entre 1833 e xuño de 1843, cando a casa consistorial se trasladou a Abelenda de Avión.
Lugares e parroquias Lugares de Amiudal
Parroquias de Avión
Categoría:Parroquias de Avión Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior