A praia de Morouzos é o nome co que se coñece un dos extremos dun extenso areal na parroquia de Luama, no Concello de Ortigueira. O outro extremo é a praia de Cabalar. Ten unha importante extensión dunar e dun piñeiral cunha área recreativa con lareiras, bancadas e xogos infantís.

Datos Situada nunha contorna rural, trátase dun areal orientado cara ao norte na desembocadura da ría. Ten unha lonxitude aproximada de 2.000 metros e unha anchura duns 110 metros. O grao de ocupación adoita ser medio debido ao seu parcial illamento.

É característica a cor negra da area así como as ondas moderadas. É meritoria da bandeira azul polo seu elevado número de servizos; a praia ten aseos, duchas, pasarelas de acceso, papeleiras, servizo de limpeza, equipo de vixilancia e salvamento, sinalización de perigo, posto de socorrismo e aparcadoiro de gran capacidade.

Enfronte atópase a Illa de San Vicente, á cal pódese acceder a pé, con precaución, durante a baixamar, desde onde contemplar as vistas sobre a ría de Ortigueira.

No piñeiral anexo á praia adoitan acampar de xeito gratuíto os asistentes ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

Galería de imaxes Acampada durante o Festival Celta

Morouzos Categoría:Bandeira Azul