miniatura|Visión do inferno na Divina Comedia de Dante. Ilustración de Gustave Doré. O inferno é, desde o punto de vista de varias relixións, mitoloxías e filosofías, un lugar onde van as almas dos pecadores que morreron en pecado mortal. A orixe do termo é latina infernum 'as profundidades' ou 'mundo inferior'.

Dende moi cedo o inferno acadou un significado negativo, xa que era o lugar onde ían parar as almas condenadas despois da vida, a diferenza do ceo, lugar de eterna salvación.

Ao longo da historia houbo moitas interpretacións sobre o inferno. Destaca a obra cumio de Dante Alighieri, a Divina Comedia.

O xardín das delicias de Hieronymus Bosch adopta unha representación tríptica do dualismo entre a harmonía do ben e a anarquía, desorde e caos do mal.

Na Biblia No cristianismo existen diversas concepcións respecto ao inferno, correspondentes ás diferentes correntes cristiás. A idea de que o inferno é un lugar de condenación eterna, tal como preséntase hoxe para diversas correntes cristiás, nin sempre foi e aínda non hai consenso entre os cristiáns. Nos primeiros séculos do cristianismo, houbo quen defendeu que a permanencia da alma no inferno era temporal, unha vez que inferno significa "sepultura", de onde, segundo os Evanxeos, a persoa pode saír cando resucita. Essa idea é defendida hoxe por varias correntes cristiás.

No Antigo Testamento SeolSheol - Blueletter Bible : Xénese, 37:35, 42:38, 44:29, 44:31 etc. HinnomHinnom - Blueletter Bible : Xeremías 19:6 etc.

No Novo Testamento Hadesᾅδης Hades - Blueletter Bible : Evanxeo de Mateu 11:23 16:18. Evanxeo de Lucas 10:15. Actos dos Apóstolos. 2:27,31. 1 Corintios 15:55. Apocalipse 1:18 6:8 20:13,14 Gehennaγέεννα Gehenna - Blueletter Bible : Evanxeo de Mateu 5:22,29,30, 10:28, 18:09, 23:15,33. Evanxeo de Marcos 9:43,45,47, Lucas 12:05, Carta de Santiago 3:6.

O inferno na cultura popular galega miniatura|300px|Detalle do inferno, na igrexa de Santa María de Labrada, Guitiriz Locucións Estar un nos quintos infernos: estar algo ou alguén moi lonxe. Mandar a un ós quintos infernos: despedir a alguén de malos modos. Ser un moi mixiriqueiro pro inferno: ser alguén moi delicado, que se queixa por todo e en calquera circunstancia. ¡Vaite ó inferno!: expresión de ira coa que se rexeita a alguén.

Refraneiro Caldo sen pan no inferno o dan. De boas intenciós está o inferno cheo. Está o inferno cheo de mal agradecidos. O inferno está cheo de bos desexos. O inferno está cheo de bos desexos, e o ceo de boas obras. San Xoán trae o inferno e san Andrés o inverno. Un soilo demo non fai inferno.

Cantigueiro Dúas cousas hai no mundo/ que non podio comprender:/ Que un cregho vaia ó inferno/ e un ciruxano morrer. Murmura, murmuradora,/ murmura de min e doutro,/ que no inferno hai unha cama/ pra descansares un pouco. Teño que cantar e rir,/ teño de pasar o tempo,/ o que estea no inferno/ que se meta máis adentro.

Notas

Véxase tamén Bibliografía BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.

Categoría:Relixión