Santiago de Viloudriz (até 2026, Vilaoudriz (Santiago)) é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2013) conta 108 habitantes (58 homes e 50 mulleres).

Toponimia O topónimo Viloudriz ten dous elementos: Vila (do latín ) e mais a forma Auderici, xenitivo do antropónimo de orixe xermánica Audericus.

Historia

En 1900 constituíuse a Sociedad Minera de Villaodrid para a explotación dos xacementos de limonita por parte dunha sociedade vasca, activa ata a guerra civil española. A importancia desta actividade provocou a construción en 1905 da liña Ribadeo - Viloudriz de ferrocarril para transportar o mineral cara ao embarcadoiro de mineral de Ribadeo. Os fornos das minas construíronse con ladrillos da próxima fábrica de Sargadelos, situada no concello de Cervo. As minas achábanse maioritariamente nesta parroquia, mentres que os fornos de calcinación se construíron na Pontenova.

En 1961 constituíuse a parroquia da Pontenova, segregándose os seus lugares de Viloudriz e Vilameá.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Viloudriz

Parroquias da Pontenova

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Pontenova

Categoría:Parroquias da Pontenova Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior