miniatura|Anfitrión e Alcmena ollan como Hércules esgana serpes, mural de Pompeia Anfitrión, na mitoloxía grega, era fillo de Alceo (rei de Tirinto) e de Astidamía, filla de Pélope. Casou con Alcmena e foi pai de Heracles e Ificles.

Electrión Pterelao, neto de Poseidón e fillo do rei de Tafos reclamoulle o trono de Micenas ó seu rei Electrión, tío de Anfitrión, ó considerarse herdeiro por liña do seu bisavó, Méstor, un dos irmáns de Electrión. Como este se negara a tal pretensión, os fillos de Pterelao armaron un exército e devastaron o reino de Micenas, roubando o seu tesouro: os rabaños de gando. Nas loitas que se produciron morreron tódolos fillos de ámbolos contendentes, Pterelao e Electrión, agás Everes, fillo do primeiro, e Licimio (ou Licimnio), fillo do segundo.Everes quedara custodiando as naves e Licimio aínda era novo para ir á guerra.

Everes confiou o gando roubado a Políxeno, rei da Élide, aínda que Anfitrión, que participara na guerra ó lado do seu tío Electrión, acordou con Políxeno a súa devolución a cambio do pago dun rescate e conseguiu devolver o gando a Micenas.

Entre tanto, Electrión, co obxectivo de vingar a morte dos seus fillos, organizou un novo exército para acabar con Pterelao, deixando a Anfitrión como rexente, e prometéndolle como esposa á súa filla Alcmena baixo a condición de que a respectaría ata o seu regreso da campaña. Pero quixo a fatalidade que antes de partir, unha das vacas do rabaño recuperado perdera o control e botara a correr. Para intentar detela, Anfitrión lanzoulle un pau ou unha maza, pero esta deu nos cornos e rebotou contra Electrión, deixándoo no sitio. Noutra versión, cando regresa Electrión e observa que o gando xa está en Micenas, acusou a Anfitrión de complicidade cos ladróns e, durante a discusión, este mátao accidentalmente. Nunha terceira versión, Electrión increpa a Anfitrión por considerar que non debeu pagar rescate ningún ó reino da Élide, sen dereito a negociar con gando roubado; Anfitrión anoxouse e lanzou o pau contra a vaca, pau que matou a Electrión.

Creonte En calquera caso, Esténelo, irmán de Electrión e tío de Anfitrión,E pai de Euristeo, o que obrigará a Heracles a acometer os seus doce traballos. toma posesión do reino de MicenasEsténelo reinaba en Argos, da que dependía Micenas. e aproveita para exiliar a Anfitrión, que fuxe a Tebas con Alcmena e Licimio. Aquí, o rei Creonte purifícao e dálles asilo. Pero Anfitrión e Alcmena non poden formalizar a súa relación porque el se considera atado polo xuramento que fixera a Anfitrión, e porque ela se nega a consumar o matrimonio mentres Anfitrión non vingue aos seus irmáns. Así que Anfitrión decide atacar a Pterelao e pídelle axuda a Creonte.

Creonte promételle a axuda que necesitaba pero esixiulle como condición que Anfitrión dese morte ó raposo do monte Teumeso, un animal semidivino que estaba asolando o país, tan veloz que non podía ser alcanzado por ninguén. Para que acougase e os deixase tranquilos, os tebanos tiñan que entregar ó raposo un meniño tódolos meses.

Para acometer esta tarefa, Anfitrión pide axuda a Céfalo (ou á súa dona, Procris), que posuían un can extraordinario, Lelaps (Lélape), do que ningunha presa lograba escapar. Comenzada a caza do raposo axiña comprobaron que nunca tería fin pois nin este sería nunca alcanzado nin o can o deixaría escapar, así que tivo que intervir o mesmo Zeus, que converteu os dous animais en estatuas de pedra.Ovidio: Metamorfoses, VII, 790. Sófocles escribiu unha traxedia co título de Procris, hoxe perdida, onde recollería este mito.

Cometo Deste xeito, Anfitrión conseguiu o apoio dos soldados de Creonte cos que armar un exército, xunto outros continxentes aliados, e atacou Tafos, a cidade de Pterelao, para reconquistar o seu reino. Pero Pterelao, que recibira de Poseidón o don da inmortalidade, sempre que conservara unha guedella de ouro que puxo na súa cabeleira, e resultaba imposible conquistar a cidade mentres o conservara.<ref>Segundo Pseudo-Apolodoro, toda a súa cabeleira era de ouro (Biblioteca mitolóxica II, 4, 5). Segundo Grimal, só tiña un cabelo de ouro, oculto na cabeleira (Grimal, s. v. Anfitrión).</ref>.

Anfitrión mandaba o exército atacante, e Cometo, a filla de Pterelao, namorouse del cando o viu desde o alto da muralla. Esperando conseguir o agradecemento e o amor de Anfitrión, Cometo cortoulle a guedella de ouro ó pai, polo que Pterelao morreu. Non obstante, Anfitrión considerou unha traizón o que ela fixera co pai e matouna, por parricida, tras conseguir a vitoria.

Zeus miniatura|280px|Zeus e Alcmena (Cornelis Bos, 1537-1555, Rijksmuseum (Ámsterdam))

Pero Zeus, durante a ausencia de Anfitrión, presentouse ante Alcmena baixo a forma do seu home e xaceu con ela, tras asegurarlle que os irmáns xa foran vingados.O cal era certo, porque a vitoria de Anfitrión se producira esa mesma mañá. Ademais, fixo que a noite durase como tres, prohibindo a Helios, o Sol, que saíse nese tempo. Ó outro día chegou Anfritrión á súa casa e, sen facer moito caso das palabras de Alcmena que aseguraba que xa estivera con el a noite anterior, tamén se deitou con ela.

O resultado foi que Alcmena quedou embarazada dos dous e tivo dous fillos: Heracles, realmente fillo de Zeus, e Ificles, este si, fillo de Anfitrión.

O certo é que, nun principio, Anfitrión pensou en matar a Alcmena por infiel, dada a frialdade coa que o recibira, e preparou unha pira para botala dentro, pero Zeus mandou unha forte chuvia que matou o lume. Anfitrión consultou o significado que podía ter isto e o adiviño Tiresias explicoulle todo o ocurrido coa argucia de Zeus. Anfitrión aceptou o sucedido como un honorÁ vez que renunciou a unirse nunca máis con Alcmena para non provocar os celos de Zeus. e tratou a Heracles como un seu fillo.

Anfitrión na linguaxe moderna Deste mito deriva a palabra anfitrión, para designar a persoa que ten invitados na súa casa ou na súa mesa, ós que trata con deferencia.

Existe tamén o complexo de Anfitrión'', que define o comportamento de quen facilita a súa esposa a outros homes, co propósito de obter algún beneficio, social, laboral ou económico.

Morte Ergino, fillo de Clímeno, rei de Orcómeno iniciou un ataque contra Tebas. Heracles conseguiu matar a Ergino e acabar co seu exército pero, durante a batalla, Anfritrión resultou morto. Unha vez viúva, Alcmena casou con Radamantis (fillo de Minos, rei de Creta).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Homes na mitoloxía grega Categoría:Heracles