Martin Eanes Mariño (tamén Martin Anes Mariño) foi un trobador do século XIII que estivo activo na corte de Sancho IV. Pertence á poderosa familia dos Mariño e é considerado irmán dos tamén trobadores Osoiro Eanes e Pero Eanes.
Obra Tan só se conserva unha cantiga de escarnio e maldicir na que satiriza a vestimenta do fidalgo Don Fulano. Foi un dos trobadores que utilizou o tópico literario de Don Fulano, xunto con Pero Viviaez, Gil Pérez Conde, Afonso Mendez de Besteiros, Joan Garcia de Guilhade ou Alfonso X de Castela. Na cantiga imita a estrutura e rima da composición Quant hom honratz torna en gran pauberia do trobador aragonés Peire Vidal.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Trobadores en galego-portugués