Carlos Fernando Luís Maria Victor Miguel Rafael Gabriel Gonzaga Xavier Francisco de Assis José Simão de Saxonia-Coburgo-Gotha e Braganza, coñecido como Carlos I de Portugal, alcumado o Martirizado ou o Mártir, nado en Lisboa o 28 de setembro de 1863 e finado o 1 de febreiro de 1908, foi o penúltimo rei de Portugal.
Traxectoria Era fillo do rei Lois Filipe e da princesa María Pía de Savoia, filla de Vítor Manuel II, rei de Italia.
Carlos converteuse en rei o 10 de outubro de 1889. Home intelixente pero propenso á extravagancia, as políticas, despilfarros e amoríos extramaritais de Carlos selaron o destino da monarquía portuguesa. Os tratados coloniais co Reino Unido (un asinado en agosto de 1890, que definiu as súas fronteiras africanas ao longo do Zambeze e o Congo, e outros asinados o 14 de outubro de 1899 que confirmaban os tratados coloniais do século XVII) estabilizaron a situación en África. En política interior, Portugal foi declarado en bancarrota dúas veces -o 14 de xuño de 1892, e novamente o 10 de maio de 1902 - causando disturbios industriais, antagonismo con socialistas e republicanos, e a crítica da prensa á monarquía. Carlos respondeu ao nomear a João Franco como primeiro ministro e subsecuentemente aceptando a disolución do Parlamento.
150px|esquerda|miniatura|Retrato de D. Carlos I de Portugal O 1 de febreiro de 1908, a familia real regresaba do palacio de Vila Viçosa a Lisboa. Viaxaban en coche cara a Almada, e logo tomaron un barco para cruzar o río Texo, e desembarcaron en Cais do Sodré, no centro de Lisboa. No seu camiño cara ao palacio real, a carruaxe con Carlos I e a súa familia pasou por Terreiro do Paço. Namentres cruzaban a praza, foron disparados varios tiros desde a multitude por polo menos dous homes: Alfredo Costa e Manuel Buiça. O rei morreu inmediatamente, o seu herdeiro Lois Filipe foi mortalmente ferido, e o príncipe Manuel foi alcanzado nun brazo. Os asasinos foron executados a tiros no lugar polos escoltas e posteriormente recoñecidos como membros do Partido Republicano. Aproximadamente vinte minutos despois, o príncipe Lois Filipe morreu, e días máis tarde, Manuel II foi proclamado rei de Portugal, o último da dinastía dos Braganza-Saxonia-Coburgo-Gotha (Braganza-Wettin).
Descendencia Carlos casou coa princesa Amélie de Orleáns en 1886. Ela era filla de Philippe, Conde de París e de Marie Isabelle de Orleáns. Os seus fillos foron:
Lois Filipe de Braganza, príncipe real de Portugal (1887 - 1908). María Anna de Braganza, infanta de Portugal (1887 - 1887). Manuel II, rei de Portugal entre 1908 e 1910 (1889 - 1932).
Coa nobre Maria Amélia Laredó e Murça: María Pía de Saxonia-Coburgo-Gotha e Braganza, infanta de Portugal (1907 - 1995).
Categoría:Reis de Portugal Categoría:Dinastía de Bragança Categoría:Nados en 1863 Categoría:Finados en 1908