SanáGoretti Sanmartín Rei et al (2012): Criterios para o uso da lingua. Universidade da Coruña, Servizo de Normalización Lingüística. ISBN 84-9749-199-8. (en , Ṣanʿāʾ), . É a capital e o municipio máis grande do Iemen. A cidade é a capital da gobernación de Saná, pero non forma parte da gobernación, xa que forma unha unidade administrativa independente. A unha altitude de 2300 m, xunto ás Montañas Sarawat de Jabal An-Nabi Shu'ayb e Jabal Tiyal, considerada a montaña máis alta da Península Arábiga e unha das máis altas de Oriente Medio.

Saná ten unha poboación aproximada de 3 300 000 habitantes (2023), o que a converte na cidade máis grande do Iemen. En 2020, a área urbana da Gran Saná representaba arredor do 10 % da poboación total do Iemen. A Cidade Vella de Saná, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, ten un carácter arquitectónico distintivo, que se expresa sobre todo nos seus edificios de varios pisos decorados con patróns xeométricos. A Mesquita de Al-Saleh, a máis grande do país, está situada nos arredores do sur da cidade.

Segundo a constitución iemenita, Saná é a capital do país, antes de 1990 xa era a capital de Iemen do Norte. O goberno iemenita trasladouse a Adén, a antiga capital do Iemen do Sur, tras a toma do poder polos houthis. Adén foi declarada capital temporal polo entón presidente Abdrabbuh Mansur Hadi en marzo de 2015.

Toponimia O primeiro texto coñecido en Escritura Musnad que menciona Saná remóntase ao século V a.C. e menciónase como ṣnʿw, que deriva da palabra sabeica maṣna'a "fortaleza".

Xeografía Saná érguese no corazón das terras altas do Iemen, sobre un planalto dunha altitude media de 2.200 m sobre o nivel do mar, arrodeada por varias montañas das que salientan o Jabal Nuqum e Aiban. A cidade está a uns 370 km ao norte de Adén, que é o centro económico do Iemen.

O clima é fresco e seco, e aínda en inverno poden caer xeadas leves. As temperaturas extremas rexistradas son -3 °C e 34,4 °C. Goza dun tempo suave durante os meses comprendidos entre abril e outubro. As tormentas de madrugada son correntes e provocan boa parte das precipitacións que recibe Saná.

Historia Lenda fundacional Consonte a tradición a fundación da cidade remonta a tempos bíblicos, que se atribúe a Sem, fillo máis vello de Noé e epónimo da poboación semita. Despois de abandonar o seu país, Sem atopou primeiro o Rubʿ al-Khālī, o "Cuarto Baleiro" -terríbel deserto areoso- e, máis tarde, unha terra de altas montañas e vales fértiles, na que decidiu fundar unha cidade: Saná.

Pasado histórico Saná é unha das cidades iemenís máis antigas pois remonta á dinastía sabea do século VI a.C.. As referencias escrita máis antigas á cidade atópanse en inscricións que datan do século I. Tense suxerido que Saná foi a capital do reino himyarita a inicios do século VI.

Cando o rei Yousf Athar (ou Dhu Nuwas), o derradeiro monarca himyarite, estaba no apoxeo do seu poder, Saná era tamén a capital dos vicerreis de Etiopía, en 570 xa baixo dominio persas. Nos albores do islam, Saná perdurou como sede dunha gobernaduría. Paulatinamente a cidade asumiu un papel máis importante e todos os estados iemenís ficaron controlados desde Saná.

Os mamelucos chegaron até o Iemen en 1517. ä caída deles, a mans do Imperio turco, Iemen pasou tamén ao seu dominio; durante todo o primeiro período do dominio otomán, entre 1538 e 1635, Saná foi a capital dun vilaiato, e seguiuno a ser nun segundo período otomán entre 1872 e 1918, data en que, como consecuencia da primeira guerra mundial, o Imperio turco ficou desfeito.

En 1918, Saná pasou a ser capital do Iemen do Norte, que dirixía Imam Yahya. Cando en 1962 a revolución derrubou o goberno do imanato, Saná pasou a ser a capital da nova República Árabe do Iemen, e desde 1990 continuou a conservar o seu status como capital do Iemen unificado.

Monumentos e sitios de interese Salienta o mercado: Sūq al-milḥ, que en realidade é un complexo duns corenta sūq, cada un especializado nun tipo de produtos.

Arredores: Dar al-Hajar A uns 15 km, no noroeste de Saná, nunha fenda entre montañas ábrese unha verde valgada fértil todo o ano, no que medran unha gran variedade de froitas mediterráneas. É o val chamado Wadi Dhahr, percorrido por un torrente seco (o termo Wadi significa 'torrente'), que durante a estación dos monzóns recolle e énchese coas abundantes choivas.

Neste val xorde o Palacio da Rocha (Dar al-Hajar), un dos sitios máis fotografados do Iemen, que se ten convertido nun símbolo do país talvez pola súa insólita posición. Dar al-Hajar é un sorprendente edificio de 5 plantas, construído encima dunha formación rochosa. Foi levantado en torno aos anos da década de 1930, por designio do imán Yahya como residencia estival, sobre das ruínas dun edificio anterior. Na actualidade o palacio é propiedade do goberno. En 1990 unha asociación alemá financiou a reestruturación do palacio, que foi transformado nun museo, no que a mesma vivenda é o principal obxecto, que periodicamente acolla mostras fotográficas.

No cinema No ano 1970 Pier Paolo Pasolini rodou en Saná escenas do filme Le mille e una notte; no derradeiro día da rodaxe, impresionado pola fermosura da cidade, decidiu rodar 'Le mura di Sana'a, un breve documental, co cal chamar a atención da UNESCO para que decidise protexer e conservar as belezas da antiga cidade como patrimonio histórico-cultural de toda a humanidade. A chamada de atención de Pasolini foi atendida e en 1986 a cidade vella de Saná foi declarada Patrimonio da Humanidade.

Galería de imaxes

miniatura|dereita|275px|Bab el Iemen, Saná

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade no Iemen

Ligazóns externas Fogar tradicional da zona vella de Saná en 1972

Categoría:Saná Categoría:Patrimonio da Humanidade no Iemen