O amarelo ou marelo é unha cor cunha lonxitude de onda comprendida entre as faixas 565 nm e 590 nm do espectro de cores visibles. Pódese considerar unha mestura entre as cores vermella e verde. O amarelo é a cor complementaria do azul; o pigmento amarelo absorbe a luz azul. O amarelo é unha das cores primarias. Uso, simbolismo e expresións coloquiais É considerado o máis expansivo entre os matices, así como o que máis atrae aos ollos. A exploración do seu uso ten unha grande importancia na obra de Vincent van Gogh. O amarelo era a cor símbolo do Emperador da China, e por consecuencia, da Monarquía chinesa. En moitos países, os taxis son de cor amarela. Esta práctica, aparentemente comezou en Nova York, por mor de Harry N. Allen que pintou o seu vehículo de cor amarela, logo de saber que esta cor era a máis visible a distancia. A cor amarela, no teatro seica dá mala sorte polo contratempo que tivo Moliere, que morreu ó ve-la súa obra Tartufo representada, e onde abundaban no decorado elementos desa cor. A cor amarela tamén acostuma a se usar en moitos países nas "páxinas amarelas", que son directorios telefónicos de compañías.

O marelo na cultura popular galega Nin bo Xan, nin bo Pedro, nin boi marelo por riba do rego.

Cantigas A do refaixo amarelo/ vai na popa do navío,/ téndeme conta con ela,/ que non se caia no río. Aínda que estou aquí cantando,/ triste está o meu corazón;/ téñocho máis amarelo/ que unha casca de limón. Maruxiña, Maruxiña,/ a do refaixo amarelo;/ se te atopo no camiño/ non che ha de valer ‘non quero’. Miña nai e maila túa/ van á feira a Paradela/ vende-lo becerro branco/ e maila vaca amarela.

Galería

Véxase tamén

Bibliografía Gran Enciclopedia Galega, Vigo 2003, tomo 2 s. v. amarelo. Outros artigos Lista de cores

Categoría:Cores