Alaior é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 110 km² onde no ano 2020 vivían 9 467 habitantes, sendo o terceiro concello máis poboado da illa.

As súas principais actividades son o turismo, a industria de calzado, os queixos e os materiais de construción. En Alaior atópase tamén o campus menorquino da Universidade das Illas Baleares.

Demografía Evolución da poboación de Alaior dende a década dos 50 ata agora:

Entidades de poboación Núcleo de poboaciónHabitantes (2010)Alaior7 362L'Argentina194Cala en Porter1 152Cales Coves101Sant Jaume142Son Bou175Son Vitamina127Torre Solí Nou146

Política Ao longo das diferentes eleccións municipais dende 1979, os alcaldes e alcaldesas elixidos son os seguintes. LexislaturaPeríodoAlcalde ou AlcaldesaPartidoObservaciónsI1979-1983Cristòfol Triay HumbertUCDII1983-1987Antoni Pons TimonerPPIII1987-1991Antoni Pons TimonerPPIV1991-1995Antoni Pons TimonerPPV1995-1999Antoni Gómez ArbonaPSOEVI1999-2003Antoni Gómez ArbonaPSOEVII2003-2007Antoni Gómez Arbona Pau Morlà FloritPSOEProdúcese a dimisión por motivos persoais do alcalde, Sr. Antoni Gómez Arbona en data de 10 de outubro de 2004, que foi substituído por Pau Morlà Florit.VIII2007-2011Pau Morlà FloritPSOEIX2011-2015Misericòrdia Sugrañes BarenysPPX2015-2019Misericòrdia Sugrañes BarenysPPXIDende 2019José Luis Benejam SauraPP

Véxase tamén

Outros artigos Cova d'en Xoroi

Ligazóns externas Páxina oficial do concello de Alaior

Categoría:Concellos de Menorca