A papaia, tamén chamada papaieiraNome vulgar galego da árbore Gran dicionario Século 21 Galego/Castelán-Castelán/Galego, Galaxia, 2006. ou papaioNome vulgar galego da árbore n'Os cultivos agrícolas en Vocabulario do medio agrícola Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988 e en Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009. (Carica papaya) é unha planta da familia Caricaceae, de orixe americana, coñecida e empregada en todo o continente dende hai varios séculos, aínda que hoxe en día se cultiva en moitos países doutros continentes, principalmente, en Asia e África. En México o seu froito, a papaia, era especialmente apreciado na época dos aztecas; en náhuatl coñécese como chichihualtzapotl, que significa "zapote nodriza", e era un froito especialmente relacionado coa fertilidade.
Descrición A planta posúe un tronco sen pólas (malia o que podería inferirse da imaxe incluída na clasificación científica), dunha altura entre 1,8 e 6 m, coroado por follaxe en forma palmada, provisto de longos pecíolos. Conserva, aínda nos espécimes maduros, unha textura suculenta e turxescente, escasamente leñuda; e presenta numerosas cicatrices características, produto do crecemento e caída consecutivas da ramallada superior. O zume é de consistencia leñuda, e tóxico en estado natural para o ser humano, pode producir irritacións alérxicas en contacto coa pel . Este zume leitoso contén un encima moi útil, a papaína, empregado como abrandador de carnes: nas grellas ou barbacoas emprégase o zume que xorre o cortar a cortiza da leitosa verde para esparexelo sobre a carne, deixándoa sumamente tenra e zumarenta.
As follas de tipo palmadas posúen longos pedúnculos e lóbulos, medindo as follas até 24 cm de diámetro e os talos arredor de 61 cm de longo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
CRFG Fruit Facts (en inglés) A papaia e as súas propiedades medicinais (en castelán)
Categoría:Froiteiras Categoría:Carica Categoría:Flora de América Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Froitas exóticas