Augustine Bradshaw, nado como John Bradshaw, preto de Worcester, Reino Unido, en 1575 e finado en 1618, foi un monxe beneditino inglés.
Traxectoria Os seus pais eran católicos que rexeitaban converterse ao anglicanismo. Atendeu a Royal Grammar School Worcester (unha "escola libre", isto é, carente de afiliacións relixiosas). O xesuíta Edward Oldcorne mandouno a St. Omer e en 1596 proseguiría a súa educación no Colexio Inglés de Valladolid.
Despois dunha enfermidade, foi mandado en 1599 á Abadía de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela, onde adoptou o nome de Agustín de San Xohán. Retornou a Inglaterra como misioneiro en 1602, e chegaría a ser Vicario Xeral dos beneditinos ingleses en 1604. Hai noticias contemporáneas á súa vida segundo as cales viaxaba polo condado de Worcestershire baixo o pseudónimo de John White.
Entre os seus logros máis notábeis estiveron a fundación dun mosteiro en Douai e do Colexio de San Gregorio (chamado máis tarde Downside School) en Bath, no suroeste de Inglaterra. Está enterrado en Longueville, preto de Ruán.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da Downside School, sucesora do Colexio de San Gregorio, fundado por Augustine Bradshaw
Categoría:Beneditinos do Reino Unido Categoría:Nados en 1575 Categoría:Finados en 1618 Categoría:Nados en Worcestershire