Melekeok é unha localidade e un dos dezaseis estados das illas Palau. Desde o 7 de outubro de 2006, a localidade de Melekeok converteuse na sede do goberno das Palau, substituíndo a Koror como capital da nación.

Situación Melekeok está situada na costa oriental da maior das illas do arquipélago das Palau: Babeldaob. As súas coordenadas xeográficas son: 7º 30' N e 134º 37' L.

Demografía Segundo o censo de 2000, no estado de Melekeok viven 239 persoas, que se distribúen entre sete aldeas, entre as que está incluída Melekeok, a capital, e que son: Melekeok Ertong Ngeburch Ngeremecheluch Ngermelech Ngerubesang Ngeruling

Melekeok ocupa unha área de 11 km², e está situada entre Ngchesar ao sur r Ngiwal ao norte.

O lago Ngardok de Melekeok é o maior depósito de auga de toda a Micronesia e esténdese por unha superficie de 4.93 km²; posúe unha pequena poboación de crocodilos de mar (Crocodylus porosus).

Galería de fotos

Ligazóns externas

Proxecto de ecoloxía mariña do Estado de Melekeok

Categoría:Xeografía de Palau Categoría:Capitais de Oceanía