Nginx (pronunciado "engine X") é un servidor web e proxy de correo electrónico (IMAP/POP3), licenciado baixo unha licenza de tipo BSD.

Usuarios Orixinalmente, nginx foi desenvolvido para dar resposta ás necesidades de varios sitios web de Rambler. De acordo co estudo estadístico de Netcraft de xuño de 2008 , nginx é usado por 2.125.160 dominios, sendo o cuarto servidor web máis popular de internet. Entre os sitios web máis famosos que usan nginx inclúense os seguintes:

hulu WordPress.com Kongregate SongMeanings Penny-Arcade Gawab Adicionalmente, Zimbra inclúe nginx como proxy/router POP3 e IMAP .

Características HTTP básicas Manexo de ficheiros estáticos, ficheiros de índice e auto-indexado. Reverse proxy sen caché, balance de carga e tolerancia ao fallo. Soporta SSL. Soporta FastCGI. Servidores virtuais baseados en nome e enderezo IP. Streaming FLV.

Características do proxy de correo electrónico proxy POP3 e IMAP. Soporte STARTTLS. Soporte SSL.

Nginx funciona, polo menos, en UNIX, Linux, variantes BSD, Mac OS X, Cygwin, e Solaris.

Véxase tamén Lista de servidores web

Ligazóns externas http://www.nginx.net/ wiki sobre Nginx en inglés "COMO" de Nginx - Servidor web rápido e seguro (en inglés) con completos e prácticos exemplos e explicacións. Nginx para Windows (win32 funciona en: 2000, XP, Vista) versión stand-alone windows; inclúe a libreríaCygwin

Categoría:Software libre Categoría:Correo electrónico