Amable Veiga Arias, nado en Triacastela o 17 de abril de 1929 e finado en San Pedro de Benquerencia (Barreiros) o 22 de abril de 1994, foi un lingüista galego especializado en estudos clásicos e fonoloxía. Os seus estudos sobre esta rama foron pioneiros na lingüística galega.
Traxectoria Fixo os seus estudos de bacharelato en Lugo e Estudou os primeiros anos de Filoloxía clásica na universidade de Santiago de Compostela e despois marchou a Madrid onde se licenciou pola Universidade Central, presentando a súa tesiña de licenciatura "El estilo indirecto en el libro IV de Tito Livio" en 1957.
Nos anos seguintes foi profesor de latín en bacharelato, catedrático da mesma materia e director no Instituto Masculino de Lugo (actualmente IES Lucus Augusti) desde o ano 1962. Tres anos despois comezou a publicar na revista Grial os resultados das súas investigacións sistemáticas sobre fonoloxía da lingua galega, traballos que foron recollidos en libro en 1976.
En 1980 leu a súa tese de doutoramento (Algunas calas en los orígenes del gallego) na Universidade de Santiago de Compostela, dirixida polo profesor Manuel Díaz y Díaz, e cualificada con sobresaliente cum laude, na que trataba sobre fenómenos seleccionados de fonética primitiva no galego altomedieval, estudo de grande importancia para fixar a fonética histórica do galego (caída de /n/ e /l/ intervocálicos, formación de ditongos, tratamento evolutivo de consoantes xeminadas etc.) que realizou a partir da documentación medieval publicada entón dispoñíbel (e que era sen dúbida escasa con relación á actualidade; baste indicar que non puido case utilizar a rica documentación do mosteiro de Sobrado, que pouco despois daría a luz José María Ramos Loscertales).
Nos anos seguintes Veiga Arias publicou diversos estudos en revistas.
Publicacións Libros Fonología gallega: fonemática. Valencia. Bello. 1976, 150 páxs ISBN 84-212-0038-0 Algunas calas en los orígenes del gallego. Vigo. Galaxia. 1983, 312 páxs (tese doutoramento) ISBN 84-7154-423-7 (póstuma) en colaboración con María Rosa Pérez e Alexandre Veiga, Estudios lingüísticos. Sada. Ed. do Castro. 1998, 121 páxs ISBN 84-7492-883-4
Artigos (selección) "Fonología gallega: fonemática: el sistema vocálico", Grial, Vigo, 10 (1965), páxs. 390-403.A este artigo seguirían varios máis nos anos seguintes, logo recollidos no primeiro dos libros seus, en 1976. "Il corre...que..", Grial, Vigo, 14 (1966), páxs. 492-493. "Dominancia y redundancia en lingüística", na revista Verba, Santiago, 11 (1984), páxs. 3-64. "Touca-toca", CEG, Santiago, t. 35, nº 100, 1984-1985, páxs. 677-686. "Oter de Selas", revista Lucus, Lugo, 35 (1985), páxs. 48-49. "Patronímicos en -ez y otros estudios de onomástica gallega", na revista Verba, Santiago, nº 16 (1989), páxs 5-30. "Reaproximación estructural a la lenición protorromance", na revista Verba, Santiago, 15 (1988), páxs. 17-78.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Alonxo Montero, X. (1995): "Amable Veiga Arias, 1929-1994: retrato dun lingüista excepcional", en Moenia. Revista lucense de lingüística e literatura, vol. I.
Gran Enciclopedia Gallega.
Outros artigos IES Lucus Augusti
Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Nados en Triacastela Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Profesores do Instituto Masculino de Lugo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores do latín Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela