El Peñón é un concello de Colombia. Está situado a 262 km de Bucaramanga, no departamento de Santander e na provincia de Vélez. Limita con Bolívar e con Sucre. Ten unha superficie de 130 km² e 5 140 habitantes (2015).

Historia En 1943, foi recoñecida a fundación da poboación. Mediante un decreto de 1 de xaneiro de 1953 ascendeu á categoría de correxemento do concello de Bolívar, pero logo diversas ordenanzas de 1990 e 1992 facultaron o gobernador para que o declarase concello, cousa que fixo o 8 de febreiro de 1993 o gobernador Juan Carlos Duarte Torres.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Santander, Colombia